El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cartas al Director

JUAN JOSÉ BARRO Santiago

O galego en perigo

17.04.2010 
A- A+

A maior contribución de Murguía coa súa historia de Galiza foi fundamentar unha nacionalidade galega, baseada na súa situación xeográfica especial, na súa lingua e nos seus costumes diferentes, por ser unha raza celta, distinta á condición étnica dos demais pobos da península.

Un dos fundadores das Irmandades de Amigos da Fala, Antón Vilar Ponte, declaraba no primeiro número do voceiro A nosa Terra que era hora de definirnos e fomentar a nosa lingua. Máis tarde, a revista NÓS, dirixida por Risco, divulgaba o ideario da xeneración NÓS (Risco, Otero Pedraio, Cuevillas e Castelao), contribuíndo á dignificación da lingua galega e dunha cultura que só destacara, ata ese intre, na literatura poética.

Logo aparece Galaxia, que segue os pasos da xeneración NÓS ná l­oita cultural. Pero ésta orientación cultural do galeguismo comenza a ser críticada e é, neste intre, cando surxen novos partidos políticos nacionalistas. Durante coarenta anos un ditador castigouna (que se en vez de ser galego chega a ser catalán, vaia saber vostede que idioma falarían en Castela), pero agora, coa proteción desta clase política, é cando me parece que está en máis perigo.

Facendo unha valoración dos vinte e sete anos da aprobación da Lei de Normalización Lingüística, vese a falta de vontade política para promover o seú compremento por parte dos gobernos de quenda.

Que non queiran, a base de repetilo, convencernos de que a están fomentando. Non hai máis que ollar ó redor para ver que fan máis orgullo patrio certos anuncios na televisión que os nosos autores.