Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Cartas al Director

Juan Abal Rodríguez . Ourense

O galego

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [29 Voto/s]

9
Comparte en Tuenti

Fai uns días chegou o meu poder unha presentación de Power­Point, que trataba de facerme ver a utilidade do galego no mundo actual. Pois si, efectivamente o galego serve para entendernos con moita xente, pero tamén para o mesmo serve o castelán. Non deixemos que nos pechen os ollos os que queren unha certa cota de poder co gallo do galego. Eu son galego, afortunadamente falo galego, castelán e inglés, e non quero que os meus fillos queden presos dunha educación que lles limite as posibilidades de aprendizaxe do castelán. Por outra parte, teríamos que dicir que as linguas non se impoñen, as linguas fálanse... e cando o pobo se cansa de usalas van desaparecendo e incluso morren. ¿Temos entón que recuperar o latín, ou o grego? Estas linguas tiveron a súa época de esplendor, e chegou un momento que as diferentes sociedades que as usaban descartáronas por outras como o galego, o castelán, o portugués, o catalán, o francés... As linguas están vivas; non se parece en nada o actual galego co orixinal galaico-portugués, nin o actual castelán co seu predecesor.

Quen sabe si a causa do desenvolvemento tecnolóxico dentro de dous séculos segue existindo o castelán? Se a sociedade decide deixar de empregalo, nada nin ninguén poderá evitalo (xa pasou antes co latín).

Que non nos enganen! Estou orgulloso de falar galego, estou orgulloso de ser galego (o que significa que tamén estou orgulloso de ser español), pero quero que os meus fillos dominen tanto o galego como o castelán.

Quen sabe se o día de mañá terán que emigrar a un país de fala hispana?

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS