Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Se un partido ten razóns para estar contento mentres é o que goberna, non deixa de anotar os males dos outros partidos, como se quixera usar estos mesmos males contra o goberno, cando a el lle toque sufrilos, estando na oposición. Será polo que lles custa tanto os partidos chegar a un acordo. Polo goce malintencionado diría Nietzsche. Iso que o goce polo mal alleo só aparece cando un partido ve os outros coma iguais a el. Tamén di Nietzsche que ós espiritos superiores cústalles renunciar a unha ilusión. Imaxínanse que despertan a envexa nos mediocres e que os teñen por excepcionais. ¿Sentiranse espiritos superiores os que gobernan? ¿Será a súa ilusión ter a toda España no paro? ¿Serán os da oposición os que lle teñen envexa? ¿Terannos a nós, os votantes, por mediocres? Só en tempos de eleccións se dan de conta de que son prescindibles.
A ver se é verdade que por fin fan un pacto de estado.
Grazas, señor Nietzsche, por botarme unha man.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado