Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O Partido Popular optou nestas eleccións por un lema chamado Chegou o momento. Non vou valorar se este lema é axeitado ou non.
Tamén este partido optou polo bilingüismo para a súa campaña. Tampouco vou valorar ese feito. Este bilingüismo levouno a traducir o seu lema como Llegó el momento.
Se os membros do PP souberan tanto castelán como din defender daríanse de conta de que a tradución do lema cae nun galleguismo como é a utilización dun tempo simple cando creo que a súa intención era utilizar o composto.
O castelán distingue entre pretérito perfecto simple e composto. Llegó indica acción pasada en tempo rematado, mentres que ha llegado indica acción pasada en tempo non rematado. "Hoy ha llegado Juan pero ayer llegó Pedro".
Se cadra aos populares "el momento" que "llegó" xa rematou e pasou.
A partir deste momento, os lectores son moi listiños para facer as valoracións que lles pete.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado