Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Ao Sr. Óscar Fernández: no apartado de Cartas as Director deste mesmo xornal, o día 02/03/2010, lin a súa opinión sobre o Concurso de Pulpeir@s. Certamente sorprendeume moito a súa acusación de tongo, como vostede mesmo cualificou. Na miña opinión, o polbo á feira é un prato que se identifica plenamente coa nosa Galicia. Coido que non fan falla "científicos cefalopeiros", para degustar e cualificar un prato de polbo. Asi mesmo, penso que os conceptos de "corte, aliño e punto de cochura"son fundamentais para a cualificación do dito prato, e calquera de nós, xente da rúa, poderiamos ter a nosa propia opinión sobre eles. ¿Precísase para iso ser gastrónomo, cociñeiro ou ter un nivel intelectual específico? Do mesmo xeito, penso que o polbo á feira está presente nas romarías de maiores dos tempos de Franco, na época da transición, hoxe mesmo, e estará ó longo de tempo, é simplemente unha cuestión de sentido común.
Tampouco entendo os seus comentarios sobre o viño albariño, as rosquillas e os Tonechos.Todos estes conceptos antóllaseme enxebres, perfectamente asociables a un prato de polbo. Teño que dicir que tiven a sorte de probar, en varias ocasións, o prato elaborado pola señora que levou o primeiro premio, en todas elas resultoume exquisito.
Estou seguro de que tamén teño catado o que prepararon algúns dos outros participantes, pero isto non podo afirmalo por descoñecer a súa identidade, fixo que todos eles estaban tamén moi ricos.
Na miña opinión a súas acusacións son bastante graves, e se vostede cre que ten argumentos sostibles para demostralas, debería facer algo máis que enviar unha carta a un xornal.
Despois de ler a súa exposición, non podo deixar de sentirme decepcionado, pois coido que tanto o polbo, o albariño como as rosquillas son todos eles produtos plenamente integrados no folclore do noso país, ¿cecais tamén os Tonechos? Semelloume que vostede os tomaba en tono despectivo.
Este é simplemente o meu xeito de pensar, aínda a risco de que me cualifiquen de "galego no sentido pexorativo da palabra".

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado