Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Cartas al Director

L. Diéguez . Santiago

O tren en Galicia

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [11 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Leo nun xornal galego (27 de novembro) unha noticia referente a Renfe na que aparecen titulares como "La demanda crece en Galicia cuando se mejora la oferta" ou "La operadora lleva once años cobrando de las arcas gallegas por mantener y reforzar frecuencias".

Como usuaria diaria do tren no traxecto Santiago-A Coruña planteo a pregunta: a que chaman mellorar a oferta?; que frecuencias foron as que se reforzaron? Indigna que os viaxeiros/as habituais do tren teñamos que ler estas noticias de tinte electoralista cando sufrimos día a día os inconvenientes do mal funcionamento do servizo, dos constantes atrasos, da falta de frecuencias.

Un grupo parlamentario galego levou recentemente ao Parlamento español as vellas reivindicacións dos usuarios solicitando un tren que permita a chegada á Coruña antes das 9 h. da mañá, por ser esta a hora de máxima afluencia aos postos de traballo e ás aulas.

Non sei se foi por este feito polo que Renfe maquillou os seus horarios poñendo un tren de chegada ás 8.42.

Pero a realidade é que o cen por cen dos días este tren ten un atraso medio de 20 minutos; o tren seguinte, con chegada prevista para as 9.15 horas, ten todos os días un atraso medio entre 10-15 minutos.

Esta é a realidade que calquera usuario do tren sofre cada día. Sería impensable pensar que en Cataluña centenares de pasaxeiros non dispuxesen dun servizo de transporte que lles permitise chegar aos seus postos de traballo ás nove da mañá.

Son, pois, estes os servizos que financia a Xunta? Son estas as melloras das que se fala no xornal, e polas que a compañía cobra das nosas arcas? Ás veces temos que oír que hai que incentivar cidadáns para o uso do transporte público. Como usuaria sei moi ben que non hai mellor incentivo que ofrecer un transporte público de calidade. Por iso pido que, por respecto aos que día a día viaxamos no tren e coñecemos a realidade, melloren o servizo e reserven a propaganda.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS