El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

CADRO DE HONRA

REDACCIÓN

Parabéns a Pediatría do CHUS

17.05.2018 
A- A+

PREMIO. Dende aquí mandamos os nosos parabéns ao equipo de Pediatría do CHUS que participou no estudo sobre un tipo de alerxia alimentaria, e que foi premiado cunha beca no XLII Congreso da Sociedade Española de Imnunoloxía Clínica, Alerxia e Asma Pediátrica. O traballo estivo coordinado por Federico Martinón, e foi presentado no devandito congreso polo pediatra José Domingo Moure. Esta bolsa permitirá que se complete este importante estudo, que cambiará a práctica clínica nunha materia na que non hai alternativas de diagnose útiles.