El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

CUADRO DE HONOR

Referente da escena galega

04.01.2018 
A- A+

NOVA AVENTURA. Manuel Lourenzo coordinará e asesorará os dez autores que formarán parte do primeiro grupo de escrita teatral DramaturXa, impulsado polo Centro Dramático Galego. Unha responsabilidade que Lourenzo, un dos principais referentes da nosa dramaturxia e impulsor de compañías como O Facho, Escola Dramática Galega ou Casahamlet, e galardoado co Rafael Dieste, o Premio da Cultura Galega, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou Premio Nacional de Literatura Dramática, levará a cabo coa excelencia que o caracteriza.