El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

Ses é un nome propio

11.01.2017 
A- A+

O SEU NOME é María Xosé, pero todos coñécena como Ses. Porque así a chaman. É unha muller plural como as súas cancións e non lle gusta falar só de música, nin tampouco a frivolidade, aínda que para máis dun sexa unha postura. Non hai moito era promesa pero agora xa é realidade a pesar de que iso sexa un tópico. O seu cuarto álbum, Opoñerse á extinción, é toda unha declaración de forza e compromiso, que vai dende o blues ate a pandeireta. Parabéns dende estas liñas pola súa autenticidade. Polo nome e orgullo dunha gran cantareira.