Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS

Luis Seoane, de quen celebramos este ano o centenario do seu nacemento, definíase así: "Nin español nin arxentino. Síntome, máis ben, parte dun país reducido e espallado polo mundo; a pequena e media cidade, Santiago, A Coruña, e a aldea, Arca, onde botei a mocidade. E claro, a megápole do meu corazón: Buenos Aires, arrodeado sempre de aldeáns galegos". O destacado artista e intelectual tivo que se exiliar, en 1936, na urbe na que nacera, fillo de emigrantes. Desde alí fomentou, nas décadas dos 40, 50 e 60 do pasado século, cultura e política, cando case todo era un eido de salitre aquí, na Galicia interior. Con Lorenzo Varela, nado na Habana, e Rafael Dieste, galego-uruguaio, formaron unha trepia brillante. Non só eles. Paco Luis Bernárdez, porteño-ourensán criado no Lago, Maside, fachendoso de ter cruzado seis veces o Atlántico, un galeguista amigo de Cabanillas, Maside, Blanco Torres, Castelao...que como poeta arxentino mereceu a estima de Borges, Ricardo Güiraldes, Oliverio Girondo, Raúl González Tuñón...Outro tanto pódese dicir de Eduardo Blanco-Amor, que se fixo respectar como escritor en Buenos Aires. E tamén son nosos: Lino Novás Calvo, Carlos Montenegro, González Carbalho, Juan Filloy, Nélida Piñón, César Aira...
Con todo, popularmente, na case totalidadad das Américas téñennos, no mellor dos casos, por traballadores e teimudos; de cultos e creativos, nada. Eu, non sendo de "acá", senón nacendo"ayá", andei a "piña" limpa con outro fillo de galegos que me chamou "pata sucia". Corenta e pico anos despois sinto discrepar de María Rosa Lojo, coautora do libro Los gallegos en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa. (Fund. Barrié de la Maza,2008). Non é que agora nos aprecien máis, respectan os euros, moeda forte. Por suposto, cambiaron os "gayegos" e tamén os creoulos "piolas". Mais...

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado