Viernes 19.03.2010
| Actualizado 20.16
Hemeroteca web
|
RSS
Etre todos os agasallos nadaleiros que podían recibirse, disque desta vez arrasou a Wii, un aparello que fai marabillas ata o punto de converter o salón fogareño nun campo de deportes, pois permite competir aos constituíntes de calquera grupo con movementos reais sen se moveren do sitio. Desta maneira, o contributo á transformación da realidade real en realidade virtual é do máis alto e haberá que o ir colocando xa na peana do non vai máis, polo momento.
Mentres non se pon de acordo o país en se ha encargar do gasto aos Reis Magos, de maxestoso silencio e antigüidade, ou ao Papá Noël, moderno e de algareiras gargalladas -todos eles de xénero masculino, que é todo moi simbólico-, as casas convértense dúas veces nun paraíso no que aparecen as cousas máis (in)esperadas.
Antano, só a algunhas casas chegaban as sorpresas unha vez e a máis favorecida era a infancia crédula que recibía xogos e xoguetes. Despois beneficiáronse xa os grandes con gravatas, se eran homes, e cafeteiras ou fritidoras para as mulleres... Hogano a regalía acontece por duplicado e con máis glamour, que vai dos perfumes carísimos con cara de guapo ou guapa ata os máis sofisticados produtos financeiros, que xa empeza a banca a non querer quedar atrás nesta feira das vaidades e o despilfarro.
Tamén din os constatadores estatísticos que só o catro por cento dos agasallos destes días foron libros. Pero os libros que se adoitan regalar nas datas de consumo son tamén libros de consumo mercados nas grandes superficies de consumo -mesmo que conten xa con librería independizada- onde se anuncian e se clasifican, ademais de por xéneros para algún escrupuloso que merca con criterio e gusto propio, senón pola frecuencia de vendas. Xa que logo, é de supor que non deberon andar os títulos moi dispersos. Así que os agasallados serán presuntos lectores dos best-sellers que estaban no montón do letreiriño Os dez máis vendidos e non resultará esta época propicia para o cultivo do pensamento diverxente.
Claro que, ao lado de todo este progreso, segue a haber tendeiras inxenuas que lle dan á rapazada da clientela un chupa-chup. Vin o día de Reis a un pequenallo que non parou de chorimicar ata que lle conseguiron nas tendas do lado un envolveito en papel azul. Cando o tivo na man, abriuno e tirouno. E dixo que a el os caramelos non lle gustaban.
Una verja rota y peligrosa
Nevera enchufada a xestas
Basura acumulada en Arzúa
Cabina inútil en A Estrada