Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Pasou o mes do libro e tamén o das letras, pero a figura de Xosé María Álvarez Blázquez ten que seguir a ser recordada sobre todo agora que Galicia está iniciando unha gran campaña de fomento da lectura, porque nunca se insistirá abondo en que o director de iniciativas como Monterrei ou Castrelos foi unha das persoas que máis fixo pola difusión do libro e polo fomento da lectura. Aínda hoxe as obras que editou ocupan andeis das nosas librerías. Seguro que se estivese entre nós estaría á fronte de novas iniciativas a prol das nosas letras e seguiría a promover a presenza do libro en todos os ámbitos da vida con renovadas propostas.
Mª Victoria Moreno, que era outra persoa amante dos libros e gran coñecedora das nosas letras, aprendía os seus alumnos e as súas alumnas a amar as letras. Na súa casa a literatura, a súa profesión, ocupaba un lugar de privilexio. Nos asentos do seu coche adoitaba deixar sempre libros á vista. Cando alguén lle preguntaba a razón, aseguraba que os ladróns nunca rouban nun coche de alguén que era lido. Non cheguei a saber se tiña razón, pero a ela funcionáballe. Non sei se, por desleixo ou polo si ou polo non, eu fago o mesmo.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado