Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

HELENA VILLAR JANEIRO

{notas de actualidade}

Anarborar o bosque

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [11 Voto/s]

7
Comparte en Tuenti

O PASADO día 5 celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, designado pola Asemblea Xeral da ONU en 1972. Con este recordatorio anual preténdese ir asumindo o compromiso de alcanzar un futuro sostible para a Terra. E un dos espazos máis ameazados do noso planeta son os bosques, aos que a irresponsable man humana tala masivamente, queima ou substitúe especies autóctonas por árobres foráneas considerándoas máis produtivas.

Un grupo de artistas galegos organizou ese día unha actividade de creación ao aire libre na carballeira de Chaián. E xuntáronse poetas, músicos, pintores, escultores, fotógrafos e magos, cunha grande presenza de nenas e nenos en compañía de familiares e ensinantes. Esta convivencia artística, simbólica e reivindicativa, cun título tan suxerente como Enarborar o bosque, foi convocada polos artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval. E foi apoiada pola Federación Ecoloxista Galega e por ADEGA.

Na convivencia participaron tamén pintores portugueses e o escultor austríaco Ivor Smodek, que talla e modela. Unha instalación de textos poéticos que colgaban das ponlas dunha árbore sobre o Tambre presidiu o traballo conxunto. Nese lugar foi onde a media tarde se preparou outra instalación cos traballos de arte plástica, se deu lectura ao manifesto Enarborar o bosque e se celebrou un recital de poesía. Detrás de todo isto, maxia e música. A xornada gravouse en vídeo e o resultado do traballo exporase no castelo de Santa Cruz (Oleiros).

Co río Tambre de fondo, cuberto a treitos de flores brancas e de ras concertantes, na vella carballeira soaron os nomes das árbores cededoras de espazo ás especies invasivas que contribúen a deteriorar a nosa paisaxe e a favorecer a propagación do lume. O aire da tarde quedou sementado de pradairos, teixos, sobreiras, freixos, capudres, bieiteiros, carballos, loureiros, abrairas, cerquiños, rebolas, sanguiños, acivros, castiñeiros, cerdeiras, espiñeiros, érbedos, aciñeiras, faias, nogueiras, bidueiras, ameneiros, olmos, salgueiros... As nosas árbores, as propias do noso medio, están a ocupar só o 25% do bosque galego. E a desforestación vai a máis por lumes, talas abusivas e mesmo poucos escrúpulos comerciais. Por iso se fai tan necesario enarborar o bosque.

Escritora

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS