Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 20.04.2014  | Actualizado 17.45 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

{notas de actualidade}

HELENA VILLAR JANEIRO

Antropoloxía do Nadal

PUNTUALMENTE oportuno chega ás miñas mans Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal (Xerais, 2011), da autoría de Antonio Reigosa con ilustracións de Noemí López, un deses libros que namora con velo e follealo e prenda cando se le.

O Nadal é unha festa que, cristianizada, dura trece días e trece noites pero que ten raigame na cultura desde os inicios da historia. Empezou coa celebración do solsticio de inverno, tivo relación con vellos deuses, como Osiris (Exipto), Dionisio (Roma oriental) e Mitra (Roma occidental) e con el coincidían os días das Saturnalia na capital do Imperio. Leva moitos séculos cristianizada pero os pobos conservaron, aínda estando prohibidos pola Igrexa, restos das antigas celebracións. No presente, o tempo de Nadal é unha suma de ideas, crenzas e prácticas moi complexa nas que non están ausentes o Sol, a Lúa, o Lume, as árbores e unha serie de vellos ritos dos que parece necesario recuperar o seu sentido inicial.

Este libro, fermoso como un agasallo para a infancia e coa sabedoría e as lembranzas que cómpren á xente adulta, leva aínda outro subtítulo: Mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor. Desde o punto de vista formal, está dividido en dez capítulos que van repasando o que ocorre arredor desta celebración e os seus antecedentes. O obxecto de celebración. Os antecedentes do Nadal cristián. Os preparativos, cos ritos, a arte e mesmo a gastronomía. A Noiteboa e os seus símbolos e lendas dando outra volta polos costumes culinarios. O día de Nadal cun repaso polas artes e as lendas. A Noitevella coas diversas maneiras de celebrar o cambio do ano. O Aninovo e a variedade antropolóxica de celebrar o tempo novo. As felicitacións, os agasallos e os distintos regaladores. Os Reis Magos de Oriente, onde volven entrar as preparacións culinarias. E os cantos, xogos e representacións do Nadal con todas as súas modalidades.

Coa testemuña de varios escritores e escritoras e a achega bibliográfica que permite aprofundar no coñecemento deste apartado do calendario, remata coa idea da gran renovación: "Como cada ano, ao final do tempo de Nadal, os mortos regresan ao seu escuro mundo mentres o novo sol (os crentes poden chamarlle Xesús) nos recarga de enerxía suficiente para que a natureza, e nós con ela, revivamos outra volta".

Escritora

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS