Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS

Vén de celebrarse no inicio da semana o Día da Muller Traballadora, que vén a ser o Día da Muller, porque as mulleres traballan todas. Outra cousa é que as súas tarefas sexan remuneradas, estean máis ou menos regrados os seus empeños, e teñan un xornal e uns dereitos laborais.
O día 8 de marzo rememora o acto triste, tristísimo, dun atentado contra a vida dunhas mulleres traballadoras e explotadas. E nisto parece que estamos de acordo: en que deben protexerse os dereitos laborais das que os teñen, claro, e en que a igualdade de trato con relación aos homes debe estenderse a todos os ámbitos da vida. Se fosemos preguntando a unha ringleira de xente se alguén é machista, abofé que nos responderían que non, aínda que só sexa porque a palabra, cando menos, non está ben vista. Xa é un pequeno paso. Noutrora facíanse cántigas e refráns ofensivos e nin sequera se notaba que o eran. "Morreu miña sogra,/ naceume unha vaca./ Xa somos os mesmos/ que eramos na casa". Creo que hoxe o contido da copliña anoxa a calquera por moi gracioso que queira parecer e por moi literatura popular que sexa.
Pero hai formas sutís de tratar mal á muller. Son, se vostedes me permiten a expresión, que é moi bonita, alomorfos disimulados do machismo máis rancio. E como son formas novedosas, hai moita xente que cae na trapela sen se decatar. Unha das máis estendidas é o conxuntode grupos en Face-book, que leldan como o pan, e comenzan por "Señoras que?". As mulleres, convertidas en señoras de certa idade, cargan cos comportamentos máis irrisorios, deste vestiren batas guateadas e teren os dentes coloreados de pintalabios ata consideraren perniciosos a fillos e fillas por estaren nas redes sociais.
A gran maioría dos usuarios que pertencen a estes grupos son xente nova que pasou polos centros de ensino na etapa democrática, alumnado ao que se intentou formar nos valores da igualdade entre mulleres e homes. Son persoas que foron coeducadas e nas que se puxo a ilusión de que as discriminacións que a muller sufiu ao longo da historia fosen superadas.
Xa sei que non se amañaría nada cunha serie máis ou menos paralela, "Señores que?", pero non está mal pensar en que, se non existen, é porque o machismo, transformado en risa doada, está funcionando ben. E o peor é que as propias mulleres caen nesta burda trampa de se riren, dalgún xeito, de si mesmas.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado