Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Non se atreve Solbes aínda a poñerlle cifras á nova filosofía da refundación do financiamento autonómico pero, posto que a todos lles soa tan ben a música, eu, nunha subida de ton definitivo, propoño que acabemos con esta cantilena sen fin. Agás algunhas voces que se queixan do ritmo de sardana que se parece escoitar nalgunhas notas da sinfonía autonómica, dá a impresión de que a todos lles acae ben -agás ó PP, que remedio lle queda- este novo traxe das contas. Sobe a recadación dos impostos compartidos, prémiase á poboación, á dispersión, vellez e lingua, favorécese ás comunidades dinámicas, disque está garantida a igualdade nos servizos básicos, saen ben as comunidades ricas, tamén as pobres? ¿De onde sairán os cartos para todos e tantos? Isto é materia que nos explicarán Solbes e Zapatero na seguinte función. O que parece claro é cando o sudoku cadre, o cadrado do círculo estará inventado. Esta complexidade técnica marabillará ó máis aleuto.
Á espera do día no que se comprobe o milagre con cifras, só pola letra e música que tanto seducen, un ve que, guiados polas esixencias de quen xa conseguiron a dinámica que lles interesaba, se ira achicando o peso do Estado como garante do principio de solidariedade por medio dunha caixa única. Nesta liña ascendente de perda de control fiscal por parte do Estado central - si central- iranse baleirando a capacidade de quen debería vixiar os condutos de redistribución que, sempre, haberán de molestar ós que máis teñen, porque a ninguén lle gusta ceder das súas ganancias para colaborar na mellora do ben común. Se do que se trata é de ir preparando os camiños, especialmente económicos, para cando chegue o gran día da liberación (separarse dun Estado que impide ser o que realmente un é), a liña é a adecuada. Con dous ou tres golpes máis, autonomía plena e cada quen que se defenda como mellor saiba. E non digo que non sexa se cadra o mellor para o progreso xeral, pero se así fose, ¿por que non nos integrar, como medida de boa vontade, no modelo das caladiñas? Si, Euskadi e Navarra, comunidades neste asuntos ausentes e caladiñas, elas á súa, co seu privilexio, Réxime Foral, ou como queira que se lles chame. Se por min se fiasen, os presidentes autonómicos deberían plantarse diante de Zapatero e esixir, xa, sen Estatutos nin Foros nin farrapo de gaitas, acollerse ó modelo das caladiñas. Talvez así se solucionase o problema de vez.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado