Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

BIEITO IGLESIAS

pan e coitelo

Sobre asnos

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [8 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti

Para non lapexar no pesimismo é xusto recoñecer certos avanzos na civilización, por exemplo no tocante ao trato cos animais irracionais. Que as vacas están mellor alimentadas demóstrao o feito de que antes as marelas comían ata as belotas e hoxe non as queren porque se volveron fiscosas. O propio acontece cos cans, que non hai tanto engulían auga con farelo, un raio que lles desen, e hoxe mándancho comer a ti, afeitos aos pensos e a máis delicados manxares. Quizais me contradigan vostedes mencionando o sucedido no Miño, á altura de Toén, onde unha burra vella safou de milagre da morte que lle preparara o seu dono, atándolle unha pedra ao pescozo e guindándoa ao río. Hai razón, pero non debemos esquecer que este é un caso raro nos tempos correntes, cando cincuenta anos atrás existía o costume en certos lugares (na Peneda Abelleira do Castro da Madanela, por máis sinal) de precipitar desde un penedo os asnos idosos, como os espartanos botaban os nenos maldados desde o Monte Taixeto. Era a lei da vida, tan dura coas bestas como coa xente. As persoas tiñan durezas na alma e cometían crueldades hogano inconcibibles entre a clase media occidental de vida mole. Lembro, neste sentido, ao tío Coiro, veciño de Vilarchao que aforcou un xumento pendurándoo do sedeño e dunha póla de figueira porque o animal fuxira empós dunha femia á solta. "Ah, coiro!, hache pesar andar de galán", ditou sentencia o petrucio. Tanto a lingua latina como a galega contan con ditos que xulgan severamente estas falcatrúas: "Asinus asinum fricat" (o asno frégase contra o asno), dicían os romanos e "Tan bo é o burro como quen o tangue", comenta- ban os galegos de antes. De calquera maneira, semella incuestionable que os asnos se beneficiaron da difusión dos ideais progres e do proceso civilizador, por iso me admira encontrar burros reaccionarios.

ESCRITOR E PROFESOR

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS