Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Calidade de xestión cultural

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [20 Voto/s]

10
Comparte en Tuenti

O tipo de cultura que nos trouxo ata eiquí. Referímonos onte a ela. Ó millor non me expresei ben. Ou que non explicara fielmente o que entendo por ela. Diréillo. Trátase da xenerada pola actitude de quen pensa que papá Estado váinolo resolver todo, que é el quen ten que subvir ás necesidades, el quen aporte miles de millóns de pesetas prá edición de libros; el quen siga aportando miles de millóns de pesetas prá soster o feito teatral, o cinematográfico, a política lingüística, en fin, todo o entramado que permite que vintetantas mil persoas vivan dignamente del con independencia dos resultados acadados logo dun coarto de século.

Os resultados non son alentadores, nen sequera son espectaculares. Hai resultados, claro, pero non son acordes coa inversión realizada, nin moito menos. Convén pois pararse e reflexionar. ¿Fíxose nalgún momento? ¿Ten trazas de que se faga nalgún outro? Pois élles agora ou nunca. Os tres grandes partidos xa pasaron pola Consellería de Cultura. ¿Atrevémonos a sentar a tódolos ex conselleiros e convidalos a que falen claro? ¿Comprobará alguén, antes de que o fagan, se tal cousa se decide, as cifras acadadas no desempeño dos afáns de consolidación daqueles soños polo que tanto clamaron os galeguistas de outrora?

Ou moi equivocado estou ou, si tal cousa se fixera, veriamos as desproporcións existentes entre os esforzos e os aportes económicos, entre os orzamentos e os logros. Se isto fose así e moto é de temer que así sexa, querería dicir que o método, non as intencións, non os empeños, non os afáns, fallan e deben ser obxecto de alto e marcha atrás, de cambio de rumbo e de xeito de bogar.

Ó longo de anos, neste mesmo espazo, se levan aportado máis datos dos que algúns pretenden ignorar ou simplemente non recordan. A pregunta é cántas empresas culturais peligrarían no caso de fallar os aportes económicos procedentes dos orzamentos públicos. Non se está a preguntar ningunha parvada. Se, noutro orde de cousas, fallan estrepitosamente os bancos financieiros, os grandes bancos dos grandes paises, cómo non han fallar as pequenas empresas culturais dos paisiños pequenos coma o noso? Pero se é certo, e éo, que hai bancos pequenos máis sólidos e solventes que moitos grandes bancos, a cuestión redúcese a un problema de calidade de xestión, de método, de fins e de obxectivos. Claro que posto que o Estado lle bota un man á gran banca, debe tamén botarlla ás empresas culturais de nós pero, enténdase ben, ó tempo que iso está claro tamén o está o feito de que neste caso hai un problema de calidade de xestión, de métodos e afáns, de xeito que convén parar, coller pulo e ver de arrincar por un camiño novo. A ver se así.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS