Domingo 21.03.2010  | Actualizado 16.33      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

SARA BARREIRO LICENCIADA EN CIENCIAS POLÍTICAS

A canción

12.06.2008

4.7/5 [47 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Hai un par de veráns apareceu no mercado unha destas cancións horrorosas que facía que as persoas sensatas apagaran o radio cada vez que sonaba. Despois do Papichulo, posiblemente era a peor canción da historia da música mundial, e para que se fagan unha idea, era mil veces peor que a versión coral do Chiki Chiki.

Escoitala daba incluso algo de vergoña, e nos bares que se atrevían a poñela, só aqueles que beberan unhas cantas copas de máis podían aguantar o seu ritmo. Meu irmán cometeu o erro de non cambiar de canle un día que a puxeron nun especial de verán na tele, e dende entón a ten metida na cabeza. De cando en vez, como nas peores historias de terror, aínda a canta sen darse conta.

Non sei se coñecen aquela canción que ata hoxe carecía de sentido. Chamábase La Gasolina, e dicía algo tan coherente como "me gusta la gasolina, dame más gasolina" e o repetía unhas mil veces. Quen lle iba a dicir a eses horteras, "antirítmicos", molestos e pesados, que cos anos acabarían por ter razón, e que a súa canción serviría para describir unha situación social tan estrana como a que estamos a vivir. Isto si que demostra que estamos en crise. "Me gusta la gasolina, dame más gasolina....".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS