Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS

EDITORIAL, ou algo que se lle asemella moito, aparecido no xornal de aí un pouco máis enriba, ese que se edita na cidade irmá dun chisco máis ó norde, asomada ó mar: Vese a bola do mundo e un furado, inorme e fondo, que ten a fasquía de Galicia. O fondo é negro. Asomados a él aparecen Isolino o do Lecer e máis un señor calviño que da toda a impresión de estar algo espaventado, non de máis, pero si algo. Pois a cousa nonlles é pra menos.
Valéndose dun caxato pra se debruzar a penas nela, Isolino asómase como pode ás beiras da sima inmunda. Inmunda porque está dentro do mundo e forma parte del e non por nada malo, conste. Ou porque lles semella que non é deste mundo, vai ti saber. Quen o acompaña, o señor calviño, bota atrás os brazos pra ver de compensar o equilibrio e tamén axexa o fondo do burato negro. Os dous asómanse con cautela. Saben onde pisan. Di Isolino:
- Non debiamos consentir que siga así este furado!
Respóndelle o señor calviño que tamén leva gafas:
- Non! Hai tempo que tiñan que poñer unha varanda!
Fin do chiste ou, como diría Castelao, cae o pano lentamente.
Falando de Castelao, sendo eu mozo, solazábame lendo o conto do negro Panchito, tamén o da marquesiña, mesmo me emocionaba con aquel "meu bailador!" que resumía unha vida enteira; tamén con tantos e tantos outros nos que, o mestre Castelao, botando man dos biblicos paralelismos -atenta valqui: sinonímico, antitético...- nos aprendía comportamentos cara a vida. De todos eles, o que máis me petaba intelectualmente espabilando esoutras emocións que non atinxen á viscera cordial, nen á hepática, senón de cheo a ese conxunto graxo que chamamos miolos, xa me entenden, e se non amólense, era o do negro Panchito, ese xeito inmarcesible de ser e se sentir o ser galego, de entender a galeguidade á marxe de tantas consideiracións como as que hoxe pululan e purgan, non sei de qué, a anterga condición dos kallaikoi.
Quén me ía dicir a mín, daquela, que ía vir Xaquín Marín, co seu Isolino, como antano Castelao, a editorializar, a compendiar a realidade actual deste país tan pequeno coma o noso. Dicía o finado do meu pai -carné número 617 do Partido Galeguista asinado por Alexandre Bóveda o 1 de nadal do 1932, conservado intacto- que país pequeno, inferno grande. Será o inferno o fondo escuro que se adiviña alá embaixo do furado? Non o sei, ogallá non. Pero os días de lecer do Isolino son os que son e o que Marín debuxa é equivalente, noutro e seu orde de cousas, ó que Mingote ven facendo dende hai anos.
Por iso xa que non lle damos chantado a varanda a este país de fondo escuro orlemos, cando menos, con canta admiración merece o nome de quen, alá no fondo do seu xornal, espera por nós a cotío pra nos resumir a realidade que vivimos. E se non a él sí, cando menos, se lle erga a Isolino o monumento que o seu saber reclama. Millor ós dous, claro. Isolino coma o boneco dun ventrilocuo prudente e sabio.
Escritor, Premio Nadal
e Nacional de Literatura

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado