Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 10.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Consellos para dar imaxe literaria

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.8/5 [5 Voto/s]

6
Comparte en Tuenti

Ás veces dame por recordar o stand galego na pasada Feira do Libro de Guadalara, México. A gratitude e mailo afecto que eu poida sentir por quen foi responsable de que eu acodira a ela, bo amigo e millor persoa, bo xestor, non conquiren que o borre dos meus recordos. Tratóuse dun stand que non é que producise vergonza allea, senón algo moito pior, producía vergonza propia, moi propia. Era a segunda vez na miña vida -a primeira fora pouco antes, á de Frankfurt, na que o stand era ben digno- na que este seu escribidor de axendas persoais ou cousa así acudía a un evento deste tipo na súa condición de escritor galego; é dicir, que non fora sen tempo. Menos se un conta a partires de que Galicia empezou a ter stands nestes eventos, logo da súa presenza no de Boloña, eu ben sei gracias a quén, vai alá cáseque un coarto de século. Feita esta pequena referencia persoal pola que, se mo disimulan, non me penso disculpar, tornemos ó rego.

O stand de Guadalajara era inefable. Con moito, o pior e máis deleznable de toda a feira. Congratúlense os fillos da GB, léase da Gran Bretaña, deostadores de todo canto lles poida soar enxebre, que tamén alí os hai. Coido. Sigamos. Uns andeis cos libros espallados pra que cundisen algo, un inorme cartel da fachada do Obradoiro, tres ou catro sillas. Iso era todo. E punto. Pesie ó dito máis enriba, recórdoo agora porque son coñecidos os esforzos dos editores galegos por retornar alá en condicións. Prosigamos.

Imaxínense vostedes agora un stand no que, en troques da fachada do Obradoiro, que deben promocionar Turismo, o Xacobeo e maila Santa Madre Igrexa Católica Apostólica e Romana, se amosasen ós visitantes, en fotografías de grande formato, as veras efixies que van de Rosalía a Valle, de Cela a Cunqueiro, de Blanco Amor á Pardo Bazán? e outros, coa advertencia de que se tratan da carta de presentación dun imaxinario común cos que, na outra banda, resulten retratados en función dos Nacionais conqueridos, das traduccións realizadas ou de calisquer criterios fixos e non distorsionados polo partidismo político. No medio mostras dos nosos ilustradores e pantallas de plasma emitindo vídeos ad hoc encol da nosa íntegra realidade cultural e literaria.

Os nosos editores andan nelo. Por iso millor escribir que calar non vaia ser que non anden no mesmo as nosas autoridades máis altas ou, se andan, acorden tarde e a destempo, mal e a rastro, vistos e comprobado o resultado de facelo así de ás atoutiñadas. Ademáis o mesmo vai e se lles adianta a sociedade civil galega (versión emigrados en México) cando o millor sería traballar xuntos, sumando esforzos, sempre sumando, se realmente queremos sacar o carro do lameiro.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS