Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Os pais afixeran as nenas a quedar na casa dos avós cando eles tiñan algún compromiso. Aínda non tiña a pequena os tres anos cando quedaron un período longo mentres os pais marcharan de vacacións ao sur de Portugal. Eses días recórdanos ben, pois non é o mesmo estar sen ver os pais unhas horas que botar unha semana enteira sen eles. Con todo, non recordan a experiencia como negativa e apenas mencionan algúns choros teimudos da máis cativa. Houbo ben máis ocasións de utilizar a casa dos avós como refuxio, tanto no inverno coma no verán. En todos os casos os avós facían festa porque para eles era unha regalía poder ter as netas na casa e presumían delas nos moitos paseos que daban pola vila. As rapazas aproveitaban para descubrir lugares que lles parecían máxicos e para facer cousas que non lles permitían na súa casa, como deitarse tarde. Á hora de durmir o avó tiña que cambiar de cuarto, pois elas tres apoderáranse do cuarto da avoa; a pequena durmía con ela na súa cama, aínda que a pobre da muller pasaba a noite a mandala aquietar, que parecía un formigo sen parada. As outras dúas deitábanse en cadanseu colchón colocado no chan. Pero o mellor de todo era cando, ben tapadas, escoitaban os contos de súa avoa.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado