Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.05.2013  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

episodios nacionais

SARA BARREIRO

Contos de princesas

ALÁ foron nai, fillo -de sete anos- e filla -de seis- a mercar libros (de sociales, matemáticas, lingua, química), libretas, bolis, un compás, escuadra e cartabón, diccionario de alemán ("pero non mercaras un o ano pasado, fillo?". "Non mamá! O do ano pasado era de inglés!"), papel pautado, forro adhesivo para libros, lapis de punta dura, lapis de punta blanda, gomas, un estoxo para meter todo o anterior, porque o que tiñan rompeu por todas partes, un chándal para cada un (e parches, porque eses pantalóns non chegan enteiros ao inverno), un balón de fútbol para el, un de baloncesto para ela e ceras para compartir. E todo esto sabendo que teñen sorte porque son unha familia de xente baixa, que os pequenos tampouco sairon moi altos e que non teñen que comprar uniformes cada seis meses.

Antes de sair da casa xa lles preguntara aos nenos que querían ser de maiores. Pensaba que si el estaba plenamente convencido de que quería ser matemático, o papel pautado que lle encarga o profesor de música non era tan necesario. E se a pequena lle aseguraba que quería ser economista, podería aforrar no balón de baloncesto e metela nunha actividade extraescolar que non requerise investimento. Pero as respostas non lle aclararon moito que cousas eran prescindibles, porque el de maior quere ser "rico" e ela "princesa". "Vaia profesións de listos elexiron os meus fillos. Vai ti a saber se na formación dunha princesa é moi necesario un compás", pensou.

Unha vez comprado todo, de volta na casa, os nenos traballaban no salón poñéndolle os seus nomes ao novo material, forrando con mimo os libros do maior, adecentando un pouco os que a pequena herdaba e que lle valían para este novo curso e revisando se o tiñan todo, mentres a nai repasaba o tique de compra con cara de lástima. Foi entón cando a nena puxo cara de susto e exclamou disgustada: "Mamá! Esquecimos comprar o papel pinocho para a clase de manualidades!". A nai, que non estaba para máis gastos, decidiu que esta vez si o tiña claro e dixo con seriedade: "Pero ti de maior non querías ser princesa? Pois estate tranquila neniña, non te vai facer falla, as princesas non precisan de papel pinocho, sexa eso o que sexa, para exercer".

Licenciada en Políticas

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS