Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Convivir en paz, un trunfo da vontade

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.9/5 [27 Voto/s]

6
Comparte en Tuenti

Comezarei repetindo unha explicación que xa teño dado. Disimlenmo. Xa saben que escribo con moitos días de anticipación. Traducido isto é a realidade implica que publico os artigos con algúns, ás veces con moitos días de retraso. Debe ser que non é que vaia contra a realidade, pero si que lle fago un brinde algo toureiro de máis poñéndoma por monteira. Disimulenmo tamén. Levar vinte anos escribindo un artigo cotiá, sen fallar un, implica certas licencias anque non sexan precisamente poéticas. Disimulemno de novo; son, vostedes todos, uns santiños.

Ás veces, hoxe por exemplo, introduzo un artigo reclamado pola urxencia, consecuencia do retraso. Deduzan como terá un a cabeza que, ó facelo vou retrasar (aínda máis) algúns que implican unha reflexión necesaria, pero ó tempo unha inxustiza co conselleiro de Cultura logo de que este mantivera unha actitude que o honra e, en certa medida, redime de consideracións limitativas e vieiros choídos nos que él mesmo se metera sen saber que os ía abandoar con elegancia extrema. Disimulenmo todos. E discúlpenmo. Téñano tamén en conta cando os lean, mañá e despois.

Feito este limiar, non sei se inoportuno, pero entendo que necesario, comprenderán que do que agora escriba sexa a propósito desa bomba, ou dese petardo, que dos dous xeitos ten sido calificado, posto que tanto ruido leva feito. Falo dese artefacto que lle puxeron a Roberto Blanco Valdés nos baixos da súa casa posto que non llo puideron pór nos baixos das súas ideas. Blanco Valdés é un brillante articulista. Sucédeme coa súa prosa, máis que coa súa prosa co que se aventura nela, o mesmo que coa música de Tomás de Victoria que, as máis das veces que a escoito, é como se restregaran un angazo polo estómago, tan desacougante me resulta. Pero é unha gran música, que dúbida cabe. Digo Victoria e podería dicir Wagner que acaería millor. Pretender silenciar a Wagner ou a Victoria (servidor élles mozartiano, qué lle queren) calificaría a quen o pretendese. Non calificar a quen lle puxeron esa bomba a Blanco Valdés tamén califica. Por iso anque sexa tarde e mal, pero non a rastro, quero deixar constancia do noxo xenerado por unhas persoas que quero supor mozas e inconscientes do verdadeiro acado dos seus actos porque se os imaxino adultos e conscientes non poderei calificalos de menos que miserables ou canallas. A convivencia en paz non é un regalo, é un trunfo da vontade. Calqueira que atente contra ela merece, amén de desprezo, vivir unha vida como a que os seus actos anuncian, vendo como os demáis conviven en paz, pensan e escriben o que queren, respectando que os demáis fagan o mesmo. Como fai Blanco Valdés tódolos días. Envíolle un abrazo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS