Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

{LOS OUTROS DíAS}

Cosmopaletismo

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [13 Voto/s]

9
Comparte en Tuenti

HAI xa uns días que andaron por eiquí xentes que traballan nos centros culturais máis importantes do mundo. Viñeron pra falar do futuro dos centros que dirixen e, a propósito da súa visita, oín unha expresión que ó parecer vai facer fortuna: cosmopaletismo. Atribuíronlle o concepto, tal e desusado, tan oposto ó cosmopolitismo do que adoito fai gala, pero non ostentación, según eu o entendo, claro, atribuíronllo ó convocante da estadía de tales xentes, o conselleiro de Cultura. ¡Coño, e que inxeniosos somos nesta país para estes inventos da fala!

A pregunta é a de ónde andarían estes filólogos daquela das comisións de sabios, de menos sabios e de militantes varios, daquela dos estudios polo miudo do futuro da Cidade da Cultura que tanto diñeiro costaron e tanto tempo levaron que nin abriron a boca e seguiron a facer país dende a taberna na que entusiasmados folgan e refolgan según veñen os días e caen as subvencións. ¡Cosmopaletismo! Que non inventen nada por aí adiante que pra iso xa inventamos nós e tal día fará un ano. Pois ben, alá van trinta. E nada.

Antonte rematamos o día pidindo que sexan os novos quen arraxen a desfeita que nós deixamos. Non era de balde a petición. Logo de trinta anos, ónde estas os miles de lectores que ían deparar o ensino en galego e maila lei de normalización lingüísitca conxuntados? Ónde os miles de entusiasmados espectadores de teatro? Ónde....? Debemos recoñecer que fracasamos e que ninguén fracasou por nós, bastamonos soíños. Nós somos os nosos piores nemigos.

Nunca na nosa Historia dispomos de tantos instrumentos pra por a salvo o legado dos devanceiros, dende a lingua ás fragas e ós ríos, dende a fauna á flora, dende o patrimonio natural ó patrimonio histórico. Nunca dispomos de más leis e de máis recursos que ó longo do pasado tercio de século. Deixamos morrer os xornais en galego, arredamos ós máis dos rapaces do uso do idioma, malbaratamos a utilización de instrumentos como as emisoras de radio e televisións que non eran nin sequer un soño hai corenta anos e, agora, imos e alcumamos de cosmopaletismo un dos máis serios esforzos de tomar a cousa en serio intentado levar a cabo nos últimos anos.

Non temos remedio. Así que ou o fan os mozos ou imos aviados. O problema é ónde están eses mozos, onde a súa vontade de facer as mesmas cousas polas que nós loitamos hai xa moitos anos, pero si que loitamos por elas como parecía que estaba escrito que fixeramos. E agora, qué?

Agora nada. A nós o que nos vai é ir por aí de excursión ben sexa da man do Inserso ou da man da consellería do ramo, a Cuba por poñer un caso. A nós o que nos vai é a selección galega de fútbol e maila festa da empanada. Cál será o noso pecado, qué maldición pesará enriba nosa, qué lousa pesada nos esmaga que cada mes que pasa temos o futuro máis pechado, pero tranquilos, compañeiros, a culpa non é nosa, a culpa é do tren, como na canción aquela.

Escritor, Premio Nadale Nacional de Literatura

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS