Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

SARA BARREIRO LICENCIADA EN CIENCIAS POLÍTICAS

episodios nacionais

Costumes

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Cando eu estaba na escola pensaba que o traballo máis duro do mundo era estudar. Por iso os nenos tiñamos dous meses de vacacións no verán, case un mes no Nadal, e colliamos todas as pontes do ano. E por suposto estaba a proba da Semana Santa. Por que os nenos faciamos festa durante toda a semana e os adultos só xoves e venres? Iso era, sen dúbida, porque nos merecíamos unha recompensa que para os demais non era tan evidente.

Pero hai dous días lin no xornal unha nova forma de premiar os estudantes estadounidenses de 8 anos polos seus grandiosos esforzos: con cartos. Así, os pequenos futuros multimillonarios americanos, poderán aprender que os cartos se fan con esforzos.

Eu non sei se estamos ante un método efectivo, pero dá a sensación de que é pouco ético. Aínda que se asenta en bases similares, non parece o mesmo que que unha avoa lle regale ao seu neto unha bicicleta por levarlle boas notas, a que as fundacións implicadas lles paguen aos nenos 30 euros por aprobado. E agora que? Levarán premio económico tamén os nenos que máis aforren? Ou o que mellor os invista? E xa postos... non sería mellor que eles pagarán por cada suspenso? Estes estadounidenses...

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS