Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Cousas de tolos

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [23 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

A enalleación mental transitoria, caso de ser demostrada, é unha eximente moi a ter en conta nos casos de asasinato. Desto, como de cáseque todo, eu entendo pouco ou nada. Pero sospeito que esa tolemia de vai e ven, real ou finxida, certa ou incerta, ben presentada e argumentada, pode facer que se tambalee unha decisión xudicial de xeito que, "in dubio pro reo", incline a sentenza a favor do acusado.

Quérese dicir que, tal loucura momentánea, vale tanto como a lexítima defensa no caso de se levar por diante a vida dun conxénere.

Reparen no feito de que escribín conxénere no canto de semellante, non só en razón de evitar unha cacofonía, senón na convicción de que hai moita besta solta e se podería prestar a confusión o aserto.

A pregunta que se deriva, ou que se debera derivar do anterior, é a seguinte; velaí vai: no caso nada improbable de que, mentres se celebra un xuicio, o acusado tolee, ¿poderáselle condear por un crime que cometeu cando estaba en posesión de tódalas súas facultades mentais?

Preguntoo porque hai moita xente que se fai o tolo, cando entende que lle chega o momento de facelo e non lle vai nada mal con elo, tan nada mal que moita chega a confundirnos. Tamén é certo que, moi polo contrario, hai outra á que se lle diagnostica unha tolemia que non ten con tal de mantela en silencio ou encerrada, arredada dos intereses cuxa defensa se lle convirte, por mor desa decisión así tomada, pouco menos que nun empeño imposible.

A cousa, como vemos, estriba en se facer o tolo ou en facer pasar por tal a quen nos conveña en cada instante. Breogán nos libre de ter que finxir aquela ou de ter que padecer esta.

Nestora hai xente que, se non se está a facer o tolo, da toda a impresión de que xa o está. Xente con tal apego ó poder -ó poder político, ó mediático, ó relixioso ou ó económico- que cando un contempla a política cotiá da oposición, os titulares cotiás dalgún xornal, as decraracións dalgún banqueiro e por aí seguido, non deixa de se preguntar se tolearon ou se estan a se facer os tolos e, claro, o dilema é serio. ¿Haberá que perdoalos ou empezaremos a cismar se o seu non será, en troques dunha enfermidade, unha manifestación dalgunha das condicións que menos ennobrecen á condición humana?

ac@alfredoconde.es

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS