Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

los otros días

Edictos de fe e de anatema

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.8/5 [19 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti

Sempre son os máis mediocres, os máis miserables e canallas, os pior nacidos, os encargados de dictar edictos de fe e de anatema. Non debe sorprendernos, sucedeu sempre así ó longo da historia. Adoitan os tales individuos ter un sorriso que, no rebique dos beizos, deixa asomar a baba como nun inútil esforzo por facer brillar algo do que tan asañada e miserablemente aboia polas súas bocas. O restro da cara adoitan tela acartoada. Dura.

Recordéino onte, primeiro, cando rematei o artigo citando o incontrovertible feito de que tanto o PP, como o PSOE e mailo BNG ocuparon a consellería de cultura e, os dous, primeiros a dirección de política lingüística, e, segundo, cando alguén me chamou por teléfono pra recordarme que fora eu quen, no nome do PsdeG-PSOE, tivera tal responsabilidade. Non mintía e reavivóume a memoria. Agradézollo. Ignoraba que, con esa recordación, provocaría outra. A do último, que non derradeiro, edicto de anatema, da última excomunión habida, non hai aínda moitos días, con exorcismo incluido...

Como a ocasión adoitan pintala calva, cunha especie de perrera revirada, convén collela polos pelos, precisamente polos da perrera, e advertir que estou disposto a calquer análise comparativa a tal respecto; quérese dicir, que mesmo propoño unha revisión exhaustiva e porfiada do traballo levado a cabo, que non a ramo, na consellería de cultura durante o exercicio da miña responsabilidade. Houbo moitos erros, máis dunha incapacidade, pero ofrézome a expoñelos e discutir delo publicamante en calquer foro que se tercie.

Item máis. En menos dun mes cumprirei (Deo volente) sesenta e cinco anos. Medio cento deles ocupados no meu quefacer literario expresado na lingua na que habitualmente falo e, mal que ben e cando me peta, escribo. Podemos tamén someter á debida peneira o seu peso, consideirar o volumen conquerido, o espallamento acadado, o recoñecemento obtido en ónde, por qué e cómo; é dicir, a aportación feita ó medio do que me sei parte común e solidaria. A estas alturas xa sei quen són Disimulenme o que o que queda escrito poida ter de alarde.

Ven a conta da excomunión con edicto de anatema da que se falou aí enriba. Cheguei a unha altura na que unhas veces me sinto por riba e outras por baixo desas realidades; é dicir, que non é que me importen unha figa, pero si que non poucas das opinións alleas me traen un pouco ó pairo. Moito máis as dos mal nacidos que intentan eludir á realidade practicando exorcismos cos que pretenden expulsións duns templos e dunhas confesións das que se cren propietarios cando non son nen sequera monaguillos. Por moito que o pretendan. Ninguén os recordará á volta duns poucos anos.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS