Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Empezamos ben o ano

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Onte falamos a cerca de que lendo eu a Vicente Araguas me enteirei de que lle van adicar unha rúa ós do grupo Voces Ceibes, aqueles rapaces do 68 que cantaban en galego ós poetas de nós. Agora, relendoo, vexo que Araguas me cita entre os compoñentes do grupo. Non minte. O que pasa é que suceden varias cousas que non será necesario aclarar pero que, como de algo hai que escribir, vou deixar clariñas de contado. Sucede, por exemplo, que non formei parte de Voces Ceibes como cantante, senón coma comadrón; ou como algo así. E algo así debín ser, poisque o grupo nacer naceu e ben que paguei por elo. Sucede tamén que ó facelo -quero dicir, ó reler a Vicente- observo que este cítame como poeta. Non é de todo mentira, pois anque algo ruín, poeta fun e isa é condición que por moito que non sexa gracia que quixera darme o ceo, polo menos na medida que a mín me gustaría, ostentei e ostento. A de poeta, coma a de sacerdote, é profisión que imprime carisma e non hai forza no mundo que poida ser quen de anulala. Ordeado aquel e vista a luz o primeiro libro deste, incluidos quedan ambos nas nóminas respectivas. E mesmo nos santorais ó uso. Nen sequera o peso dunhas comiñas é quen de botalas embaixo. Igual que hai bos e malos sacerdotes, hai bos e malos poetas. Eu non teño inconveniente en me incluir neste segundo grupo. Pero sí no nese "dos poetas". O mesmo lles sucederá digo eu ós que alcumen de "sacerdotes" e por algo sucederá así, digo eu.

Según nacía Voces Ceibes, hai corenta anos, corenta anos, meus santiños, saía á rúa o meu primeiro libro, Mencer de lúas. Era un libro de poemas. Víu a luz da man de Carballo Calero e Paco del Riego, tamén da de Ramón Piñeiro, que sempre foron xente con criterio recoñecido a este respecto e que a mín sempre me mereceron e aínda me merecen e me merecerán sempre non pouca consideiración e estima. Así que houbo bautizo e mesmo confirmación. Quén me ía dicir a mín e -polo que se ve e eu sabía e sei deste meu xa vello amigo- quen llo ía dicir ó propio Vicente que ó me citar na condición que se comenta se fose permitir o luxo, algo frívolo e medio asiático, de sinalalo entre comiñas, así: "o poeta" Alfredo Conde. Confeso que non llo agradezo nada. É como si chegada a hora de escribir eu de Voces Ceibes -algo que xa teño advertido que non farei nunca, é millor ha ser que non o faga- lle apuxera a calqueira deles, incluido o propio Araguas, a condición de "cantante".

En fin, que miren que me teñen chamado cousas, pero confeso que esta de "poeta" nunca. E menos alguén que musicou un poema meu, precisamente dese meu primeiro libro e non exactamente un poema que poda avalar moito a condición de non excelso poeta que eu mesmo me atribuo. Empezamos ben o ano.

ac@alfredoconde.com

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS