Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 23.05.2013  | Actualizado 14.52 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

{ devagar }

XAVIER SENÍN

Escrúpulos de conciencia

NA casa empeñáronse en que tiña que facer a comuñón o mesmo día do seu santo. Ao cura parecíalle que aínda era moi pequeno, pero gañou a avoa, que era a que tiña máis interese, co argumento de que o neto xa tiña uso de razón, que era o que se pedía naqueles tempos. Por fin a cerimonia quedou fixada para a misa de doce. Un mes antes a nai, coa axuda dunha modista que cosía polas casa, fixolle un traxe de mariñeiro raso, que non había cartos para galóns nin outros distintivos.

Procurou que a roupa quedase cumprida porque viñan atrás outros irmáns e habería que aproveitárllela. Dúas semanas antes colleron o tren para a capital para facer a foto co traxe. A nai levaba nunha cesta o traxe ben alisado e envolto en papel branco fino. Ao chegar, a nai colocou o cesto na cabeza e o fillo agarrouse á man que lle quedaba libre.

No estudio fotográfico vestiuse co traxe e fixéronlle dúas fotos, unha de pé mirando un crucifixo e outra axeonllado nun reclinatorio que tiñan preparado para occasions coma aquela. As fotos estarían listas a primeiros da semana seguinte.

O día da comuñón o rapaz non acougaba e pensaron con razón que serían os nervios da cerimonia. Non había tal. O cativo tiña moitos escrúpulos de conciencia e non facía máis que pensar en se cometería algún pecado mortal desde o día anterior en que confesara na igrexa. Para máis, despois da confession, a modo de adestramento o cura déralle unha hostia sen consagrar, precisoulle ben isto último, para que sou-bese como sería ao día seguinte. Tamén o avisou de que tiña que ter coidado de non morder nin tocar cos dentes a sagrada forma. Iso era o que tiña desacougado aquel neno porque a véspera, cando fixera aquel ensaio pasárao fatal porque a hostia se lle quedara pegada no padal e non había maneira de sacala de alí.

Estaba farto de comer os recortes que o crego lles daba de vez en cando, pero solucionaban o problema metendeo o dedo na boca e sabía perfectamente que iso non podía facelo. Ao final todo resultou máis doado do que pensaba.

Escritor

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS