Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

MIGUEL SUÁREZ ABEL ESCRITOR E PROFESOR DE INSTITUTO

con mil amores

Ti si que te esforzas

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [7 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Motivar é a clave. Conscientes desta evidencia, moitos educadores deron o salto de aprender co vergallo da reprensión, o castigo e a humillación á estimulación da recompensa, sobre todo pola palabra. Escaldados moitos dos ensinantes por ter aprendido eles no humus das palabras negativas, grosas e desagradables (¡burro, zoquete, bobo!), pasaron á beira oposta (¡listo, intelixente, se non o fas é porque non queres, que co listo que ti es...!) onde os eloxios se regalan por pouco ou nada.

Neste movemento pendular esquecemos que moito máis eficaces cós eloxios baleiros son os desafíos (mesmo algunhas prohibicións) e, sobre todo, os eloxios verbais sobre o esforzo, non sobre a intelixencia. Carol Dweck realizou probas con grupos de estudantes para comprobar o grado de eficacia duns eloxios sobre outros. Diante dunha tarefa que esixía resolución complexa, a un grupo proporcionoulles reforzos baleiros (que intelixente es para resolver isto tan ben) e ó outro eloxiouno sobre o esforzo (moito tiveches que traballar para resolver isto). Comprobouse que os eloxiados sobre o esforzo, na medida en que se ían complicando os problemas, respondían sempre mellor cós eloxiados en función da súa capacidade. Por unha razón: segundo o eloxio que recibimos así entendemos que ha ser a nosa conduta. Se nos din que somos intelixentes estamos entendendo que aprender consiste en parecer intelixentes e non cómpre arriscarse a cometer erros, pois non gusta quedar en evidencia. Se as tarefas se complican, se a cada paso demostrar que un é intelixente resulta menos probable, acaba un por rexeitar a tarefa. Mentres que se o eloxio vai dirixido á capacidade de esforzo, o mérito está en intentalo, aínda cometendo erros ou perdendo moito tempo, a resistencia e motivación son maiores. Sempre estamos atentos ó que se valora de nós. En todo escenario pretendemos saber o que somos. Se entendemos que o reforzo recae sobre un talento innato, perdemos a chispa da motivación, o entusiasmo de porfiar detrás dun obxectivo. Se percibimos que nas tarefas de aprendizaxe a recompensa vén polo esforzo e o progreso lento , as posibilidades de perseveranza increméntanse. Tal vez por este mal uso dos eloxios, vemos a cantidade de alumnos motivados (ti si que vales) mirándonos frustrados, porque no seu interior saben que carecen do fundamental: da capacidade de loitar para, practicando e repetindo, ir lentamente aprendendo (ti si que te esforzas).

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS