Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS

O pasado 28 argumentaba un lector que tamén no caso da literatura española hai consideiracións extraliterarias, chegado o canto de outorgar un premio; que nela tamén funciona o sistema dixital cando hai que poñer libros de lectura obrigada nos institutos e colexios e non digamos no de nomear directores do Instituto Cervantes. Logo, continuaba aludindo ós saborosos orzamentos estatais ó respecto como se mal de moitos fose consolo de parvos en troques de epidemia desexablemente erradicable. Pretendía con elo xustificar idénticas actitudes e componendas no caso galego. Mal camiño ese. Esquecía que non estando eses hábitos xustificados en ningún dos casos, espazos ou territorios a consideirar, son máis reprobrables e mesmo intensos no noso. E que non son, nin moito menos, equiparables. O sistema literario español significa o 1% do PIB. Nel editanse 365 millóns de libros ó ano, un millón diario. Del viven máis de cen mil persoas. Os seus usuarios dispoñen dun idioma asentado, en sesenta e cinco anos que teño de vida nunca viron n complicada a existencia con cambios constantes da súa normativa ortográfica, a RAE limitase a sancionar o uso das palabras que circulan libremente pola rúa. En resumen, non son equiparables. O español medra, mentres o galego debece. Mentres iso sucede, nós, temos unha RAG que non sanciona o usa fala viva senón que sanciona á xente con términos que saca da chisteira da historia, como se foran coellos; vimos cambiada a normativa xa non sei cántas veces; fumos quen de alteirar a concesión dos premios literarios?pra facelos coincidir na mesma data e outorgarllos, a pares, a este escritor ou escritora, facendoo dun xeito e cunha desvergonza que nin o aludido Planeta se atrevería nunca a facer; establecemos subvencións con tanta prodigalidade que marea e convertemos cada institución que se nos ocurra nunha editora nacional solapada, ata que millóns de libros, millóns, non teñan máis e millor destino que o de xacer nos sotos institucionais, ó tempo que, por moito que nos empeñemos en negalo, nun estúpido alarde de optimismo no que xa ninguén cre, o noso idioma está cada día máis deturpado, e se fala moito menos e moito pior que hai vintecinco anos. ¿De quén é a responsablidade? ¿De "Madrid"? Home, dito pola breve, non fodamos. Nós temos maior obriga e necesidade de non cometer erros que os que disfrutan dunha situación normal no uso e disfrute das sías lingoas. A responsabilidade é nosa. Pechar os ollos e maila boca pode facer que caias simpático pero, falando de traicións, pregúntome cál ha ser maior e máis letal e definitiva. Ah, e outra cousa, PP, PSOE e BNG xa foron responsables do cotarro, ¿a que agardamos?

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado