Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ANTONIO CENDÁN FRAGA PERIODISTA

a ventÁ

A esperanza branca do PP

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [52 Voto/s]

9
Comparte en Tuenti

A recente vitoria de Xosé Manuel Baltar Blanco fai albergar esperanzas de cambio no rumbo do Partido Popular nalgúns asuntos que estaban a tomar os camiños do radicalismo máis antigalego. A pesar do seu lexítimo e indiscutible triunfo, o novo presidente do PP ourensán encontrouse con toda unha chea de inimigos na súa ruta, principalmente dentro das súas propias filas. Ao político ourensán non lle faltaron que o quixese desacreditar e desacreditar tanto dende o poder mediático afín aos populares coma dende a outra beira.

O rival de Baltar Jr. era considerado o candidato oficialista, contra o topoderoso clan que goberna Ourense, pero tanto insistiron na idea de maldade do fillo do presidente da Deputación ourensá que esta mesma idea se volveu contra eles. Así, Jiménez Morán chegou ser visto en Galicia, tamén dentro do PP non oficial, coma o "malo" da película, o home de Madrid.

A xogada de Núñez Feijóo resultou ao fin nefasta. Dentro do PP ourensán, ese ao que acusan de ser tan caciquil, impúxose o sentido común, pero aínda así o oficialismo non está satisfeito. Proba disto último é que lle están a suxerir e pedir que meta no comité provincial a fulaniño e menganiño, pero polo que se ve Baltar Blanco, cun gran sentido común e tamén de organización, négase a dar entrada a aqueles que o esmagarían se chegan a ocupar o seu posto.

Nos vindeiros meses e posiblemente anos, agárdalle unha dura e desagradable tarefa ao novo político ourensán se quere sobrevivir nese mundo tan selvático que representa a propia política. Pero con el renace un novo xeito na dereita galega, esquecido pola obediencia impasible que estaban a ter os actuais dirixentes do PP galego coa metrópole madrileña. Baltar Jr. pode dar un xiro necesario na deriva lingüística que está habendo na formación na que milita. Pode ser tamén unha peza fundamental para a negociación en determinados asuntos que agora están aparcados, entre eles a autonomía financeira, o sistema educativo e, como non, na redacción dun novo texto estatutario.

Pero a función do político ourensán non debe reducirse unicamente ao papel de negociador. Tamén, cara adiante, pode pensar en presentar unha alternativa interna dentro do PP á actual executiva galega. Se prosperase a súa chegada a máis altas esferas dentro da dereita, non cabe ningunha dúbida que Xosé Manuel Baltar sería esa bocana de aire fresco que precisa un partido que cada vez se está a esquecer máis do ser e a esencia de Galicia.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS