Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Estremecedora televisión actual

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.6/5 [14 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Baixo deica Madrid de vez en cando, unha vez ó mes, alomenos. Dame teito unha miña filla, xogo cos netos, falo cos amigos e vexo a televisión. Cada vez que o fago, cada vez que prendo o televisor, estremézome e bendigo a sorte que temos por eiquí non tendo, como non temos, acceso á contemplación de non poucas das canles das que os madrileños desfrutan.

Recordarán, cando menos algúns dos meus máis vellos lectores poderán facelo, que hai anos escribín a cerca do pasmo que me producía contemplar en Norteamérica a proliferación de predicadores televisivos coa que me toupaba cada vez que ía alá. Nada comparado co que se pode ver hoxe acá. O outro día, nos rotuliños eses que poñen ó pé de quen estea intervindo, mesmo adxudicaban a condición de profeta a unha señora. Noutra baixaba o Espírito Santo porque un señor o chamaba. Noutra máis, os tolleitos botaban andar un tras doutro en forma que puña en solfa os avances médicos todos habidos nos pasados corenta anos da nosas vidas. Estremecedor. En todas elas, unha moitedume enfervorizada cantaba e aplaudía os proxidios de El Señor contemplados a través de tantos seus representantes sinalados e ó compás das súas elocuentes ordes.

Acaso os colexios médicos, quizáis algún xuzgado, non sei se a policía, tamén se a prensa, deberan opinar algo sobre o continuo fraude, a persistente enganifa ou a continuada estafa que determinadas prácticas supoñen e máis tamén sobre o estricto significado da publicitación e o espallamento, a través dos xenericamente coñecidos como medios, de tales aventuras da credulidade ou da inxenuidade da xente e das inxentes cifras económicas que delas se derivan. Que cada quén predique a relixión que estime, pero cada vez que o Espírito Santo baixe que alguén lle pida o DNI ou confirme do xeito que se estime procedente a súa real identidade; de paso, que as curacións tan frecuentes coma exitosamente obtidas reciban a confirmación médica cas avale antes de que o país se nos convirta nunha grea de fanáticos ideoloxizados quen de cometer calquer barbaridade no nome dun deus que moito me temo fose invocado de matute. Un estado laico, amén de selo e da súa aconfesionalidade, debe protexer e amparar todos os credos, pero tamén velar polos crédulos e preservar a confianza dos incrédulos coma mín que tanto desconfian dos que invocan o nome de Deus non en van, senón en beneficio propio.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS