Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

A feita ou a desfeita, según gustos

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [10 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Non sei se as miñas serán ou non as inquedanzas propias dun Santi Andía, tan relacionadas "con la mar salada". Non o sei. Pero alomenos así o acordaron Juan Tiburcio e Pepiño Grilo, hai uns días, na páxina web, sen sorna aquel, témome que con moita sorna morna este. Terei que lles facer xustiza a ambos.

O caso é que como agás ó meu director (e este de momento lévame deixado escribir o que me peta) non lle teño que dar conta a ninguén, vou seguir á par do dito onte; ou sexa, manifestando inquedanzas electorais. Cando menos por uns días. E a ver qué pasa.

Dicíalles onte que deberemos pensar a quén votamos, en troques de votar co sentemento e deixándonos levar das emocións. Confésolles que eu fagoo sempre, logo de repasar a lexislatura vivida e de cismar un pouco non só no que ofrecen, senón no que creo que necesita a sociedade na que vivo. Logo recordo o traballo feito por cadaquén na lexislatura que remata. ¿E que pasou nesta que o fai agora?

Pois, cando menos dende o meu ponto de vista, que o partido maioritario da cámara lexislativa, léase o PP, compuxo hai catro anos o que se considerou un grupo parlamentario idóneo pra gobernar; é dicir, xente mansiña, máis ben de tono medio, que non lle creara problemas ó que se creu que ía ser o grupo no goberno. Craso erro. Un grupo parlamentario sempre ten que se o mellor posible. Tivo que facer a oposición e califiquen vostedes a feita. Ou a desfeita, según gustos.

Os partidos no goberno compuñeron sendos grupos dos que se diría que nin fu, nin fa. É posible que fose ese nin-fu-nin-fa o que permiteu que se dese por feito que ía ser unha longa e procelosa travesía lexislativa a que, á postre, debemos recoñecer que resultou bastante calmadiña. O governo chegou a porto enteiriño e sen maiores desperfectos, agás no mascarón de proa que, no caso dun país cunha lingua e cunha cultura de seu, cun mar fermoso coma é o que o rodea e cun habitat tan peculiar coma o que ocupamos, resultará ocioso sinalar.

O problema é agora, maiormente á vista do que anuncian as enquisas, ver a quén votamos e en función de qué; ou sexa, qué grupos parlamentarios nos agardan e agradan, qué gobernos poden ser posibles e qué é o que o país, é dicir, todos nós, a sociedade que o formamos, algo moito máis tanxible que Galiza/Galicia e outras entidades patrióticas, necesitamos. Por iso temos que votar o menos desacertadamente posible. Por iso temos que pensar e non nos deixar levar polos latexos do corazón.

ac@alfredoconde.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS