Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 28.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

JESÚS BUSTOPEREIRO

{no recordo}

Fraga, o home

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Son moitas as anécdotas de tipo persoal que ó longo destes anos tivemos con D. Manuel, un home duro de expresión, pero cando te trataba o facía dunha maneira agarimosa. Era un home tenro, que non lle gustaba perder o tempo, e ademais somos coñecedores que era xeneroso coas institucións que se adican ou, nos adicamos, a axudar a quenes menos teñen. lembrome de cando se fundou a Sociedade Cultural e Gastronómica "O Grelo", no ano 1987, D. Manuel citoume na Fundación "Cánovas del Castillo" nunha reunión e lle fixo moita gracia. Preguntou de onde partira a idea, e quedamos para unha cea en Lugo que, aproveitando as súas vacacións en Perbes, celebramos no Restaurante A Barra. Antes da confirmación da asistencia de Fraga eramos 20, e despois había abarrote no local. Na última viaxe que D. Manuel fixo a Cuba, a Fundación Amigos de Galicia enviou 10.000 kg de pasta, e na reunión que tivo cos galegos no Centro Galego de A Habana, lle preguntou ao Secretario Xeral onde estaban os alimentos que enviaramos. A él lle comentou que os estaban descargando no porto, pero a verdade era que estaban no porto, pero de Vigo. O secretario dicía que simbolicamente se entregara unha "gabita". Cabreouse, e aí nese momento, mandou que se lle concedera a todos os centros galegos que o solicitasen, o título de galeguidade. Teima que tiveramos durante tempo para que lle fora concedida. Tódolos anos a Fundación Amigos de Galicia compartía un xantar en Perbes, onde aproveitabamos para xogar unha partida de "dominó", sendo a última fai dous anos no Hotel Eumesa de Pontedeume. Gustaba D. Manuel dos bos alvariños, e nos comentou a filla que non lle serviramos moito, pois a medicación non era compatible co viño. Na última reunión celebrada en Madrid, no Restaurante Posada de la Villa, D. Manuel xa tiña moitas dificultades para andar, e cando saímos, os clientes do restaurante, postos en pé lle adicaron unha ovación.

(*) O autor foi presidente da Fundación Amigos de Galicia

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS