Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
No estado mexicano de Baixa California do Norte áchase o municipio de Tijuana. Algúns din que lle vén o nome dun antigo rancho chamado Tía Juana e outros sosteñen que é un topónimo indíxena.
Tijuana limita coa fronteira dos Estados Unidos, e dende hai moitos anos, millóns de mexicanos veñen cruzando esa liña coa ilusión de vivir algo mellor. Nos traballos agrícolas e en servizos diversos, os que logran cruzar a fronteira son brutalmente explotados por non teren documentos legais. Moitos son deportados tras longa estancia ilegal. Con frecuencia deixan alí muller e fillos. As familias crébanse. E algunha que outra vez fálanse e tócanse a través dalgunha reixa do muro. O maior ingreso de divisas de México provén do suor deses traballadores clandestinos. Nos EEUU necesitan deles, e eles necesitan traballar. Fálase do muro de Berlín, que xa derrubaron, pero véñense erguendo outros: o de Cisxordania, para illar a Palestina; os dos Emiratos Árabes, para coutar a emigración; os de Ceuta e Melilla, para o mesmo... Na última campaña electoral nos Estados Unidos, non se dixo nin unha palabra do muro de Tijuana. Vese que ambos candidatos estaban de acordo nesto. Sabemos que 17 senadores e 130 congresistas están contra esa barreira. Son minoría. E o muro sigue crecendo. Cando remate terá nada menos que 1.200 quilómetros. E non se trata dunha simple parede. É unha muralla de sete metros de alto, e conta con sensores electrónicos, cámaras de vídeo, torres de observación, milleiros de axentes e ata helicópteros. Nos Estados Unidos hai uns doce millós de mexicanos indocumentados. Pesiguen arriscándose outros, de día e de noite. As deportacións andan polos 200 mil anuais. En México existe unha fronte oposición ó muro. E nos Estados Unidos creouse unha organización que tamén se opón. Leva este lema: "Construíde pontes e non muros".

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado