Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ANTONIO CENDÁN FRAGA

{a ventá}

Futbolerizaciónda sociedade

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.0/5 [4 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti

AS MANS fóra da área do porteiro suplente do Barcelona, Pinto, ante o Valencia fixéronlle acaparar un gran número de portadas de xornais, non só deportivos, senón tamén xeneralistas. Tamén, ao longo de toda a xornada do xoves, se sucederon as reaccións do adestrador blaugrana, Pep Guardiola, nos distintos informativos de radio e televisión. Parecía que era o asunto máis importante da actualidade, desbancando así aos datos de desemprego rexistrados no Inem, e a outros asuntos da xornada.

Evidentemente non é novo o fenómeno de antepor os deportes ao resto da actualidade cotiá e moi especialmente o fútbol, no que apenas se fala da alta débeda que manteñen os equipos con Facenda e a Seguridade Social. Concretamente, os equipos da LFP deben máis de 4.000 millóns de euros e, desa cantidade, 1.100 corresponden a tan só catro clubes. Historicamente, o deporte do balón fixo acalar conciencias sobre asuntos transcendentais como a oposición política nas décadas dos anos 50, 60 e 70. Xa, na democracia, e especialmente nos derradeiros anos, converteuse nunha especie de opio do pobo que todo o alcanza. Unha cidade que non ten equipo en Primeira é unha gran descoñecida. Todos lembramos o que ocorreu co Numancia de Soria, mentres os sorianos carecían de infraestruturas polas que desprazarse pola súa propia provincia. En Galicia, nos anos noventa, chegamos a ser a primeira comunidade do Estado con tres representantes en Primeira División. Hoxe en día non temos ningún, aínda que a vindeira tempada é probable que chegue a haber ata dous equipos na máxima categoría.

Calquera rapaz que curse estudos de primaria sabe quen é Messi, un futbolista baixiño que se escorre moi ben nas áreas, pero que ten grandes dificultades para expresarse ante os medios de comunicación. Tamén coñece a Cristiano Ronaldo e, como non, ao ínclito Mourinho, pero seguramente non saiba quen foi Severo Ochoa, Ramón y Cajal, Curros Enríquez ou Ramón María Aller. Obviamente, xa nin que dicir ten que nin sequera oíron falar de persoeiros actuais da talla do oncólogo catalán Meseguer ou do microbiólogo galego Emilio Bouza. Esa é a sociedade que nos agarda nos vindeiros anos, onde se estará máis pendente se calquera esvarón na área foi penalti ou deixou de selo; se o Guardiola de quenda fixo a aliñación correcta ou debía introducir outro carrileiro pola esquerda. Os vicios do pasado tenderán a repetirse e moitos quererán emular a Iniesta ou Xavi Hernández. A investigación sobre o cancro ou as novas tendencias literarias deben agardar.

Periodista

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS