Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

De gastronomía e hiperproteccións

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.7/5 [9 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti

Contáronme que entregaron non sei qué premios de gastronomía en Pontevedra. Fixérono nun acto celebrado no Auditorium, sito alá onde antano houbo unha xunqueira que lle dou (¿da?) nome ó lugar e no que un alcalde da boa vila non quixo autorizar a instalación dos alfares de Pontesampaio porque Pontevedra era una cidade aristocrática e fina, elegante e discreta, e podería afear moito se, como era doado prever, se enchía de obreiros e xente así. Entón Monteporreiro era unha cousa, os salóns do Lérez outra e o Balneario aínda outra e máis distante e decadente. Non era na Xunqueira do Bao, qué va, era onde eu digo. ¡E que deixaran perder todo elo! De neno andei moito por alí, polo paseo de pradairos de Monteporreiro, o que nos levaba deica a Cascada. Un dos entretenementos era apañar casquillos das balas dos paseados. A nosa foi una infancia así. Onde está hoxe a que xa non sei se aínda se chama a Casa Rosada, en Frei Xoan de Naverrete, houbera un cimenterio no que tamén apareceron balas e por alí era por onde se celebraba, chegados estes días, as festas das calabazas que tanto nos gustaba escachar nos cránios dos compañeiros de xogos. ¡Ah, qué tempos!

O caso é que eu querialles falar da entrega esa dos premios gastronómicos e váiseme a cousa pola vía evocativa na que, non sei vostedes, pero eu tanto me deleito; qué lle imos facer. Hai vintecinco anos, non sei hoxe, na Xunqueira do Bao era doado ver grulas e cercetas, garzas, garcetas e becadas, parrulos silvestres, bichos deses alados que moito gustaba de cazar non direi quen porque hoxe a cousa está mal vista e ó millor se me ían dar por ofendidos os seus descendentes. Hailles épocas algo desequilibradas. Esta nosa é unha delas. Servidor, que nunca matou un coello, nen un corzo, nen un paspallás, nada deso que logo tanto lle gusta ben cociñado, porque nunca practicou a caza, nin pensa facelo, servidor, imaxina que as reservas de atún fóronse a freir espárragos a contar de protexer tanto ás focas. As focas son quen de comer, cada unha delas, cincoenta quilos de peixe ó día. Medraron tanto, con protección tanta, que deron conta dos bancos de atún. Agora temos focas, pero as focas non teñen que comer. Nós tampouco non temos atún roxo, polo menos que estea a prezo. Hai pouco. E seica o atún é xa é especie en extinción. Sucede así con todo. Ás veces, as hiperproteccións son tan negativas como a ausencia delas. Mesmo os premios poden devir en excesivos e indixestos. Non falo do caso dos premios eses entregados en Pontevedra porque non sei nin cómo se chaman, sei que lle deron ún ó do Tira do Cordel. Falaremos del mañá, se cadra.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS