Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

OS OUTROS DÍAS

'Inmunda escoria'

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.2/5 [9 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti

Según viña eu de subir a costiña do San Clemente, a modiño, moi a modiño, e acertaba a endereitar o rumbo cara Fonseca, adiantóume Ricardo Gurriarán. Viña lanzado. Acababa de dar cabo ás esqueiras que se abeiran á sombra do yingo-bilowa que adorna o xardín aberto da biblioteca da universidade e sigueu a toda leche, como se nada. Eu seguín ó meu ritmo; é dicir, levaba un certo andar, acompasado e calmo, coma o do boi, que adoita arrumbarme alá onde me encamiñe nas miñas escasas navegacións urbanas. Total, que cheguei cáseque ó pé del ó claustro de Fonseca.

Ricardo levaba ben máis presa ca mín. Ía presentar o libro que lle acaba de editar Xerais. Titúlase Inmunda escoria e trata, tal e como avisa o seu subtítulo, de "a universidade franquista e as mobilizacións estudiantis en Compostela, 1939-1968". Eu só ía a que mo presentara. Ó chegar, o claustro de Fonseca estaba como a fiestra de Dieste: valdeiro. En poucos minutos púxose a estoupar. Os que non temos máis remedio que nos cociñar as tres comidas do día, sabemos moi ben que hai ocasións nas que o leite, quen dí o leite di o auga, tarda en ferver e, logo, de súpeto, faino a burbullóns entolecidos. Pois así o claustro de Fonseca, no día da presentación do libro de Ricardo Gurriarán. Tardar tardou en facelo pero, en cousa de segundos, enchéuse de xente a rebentar, burbulleando acó e acolá. A xente entrou e botou andar polo claustro, como entolecidas moléculas dunha poción máxica que a fixera revivir a toda ela, a mín tamén, claro, pero acaso fosen como pezas dunha fabada asturiana pois ó acto copresidiriao, xunto có rector, o presidente do Principado d'Asturies, patria querida, que tanto tivo que ver nos anos finais das datas que advirte o subtítulo. Escribín pezas, e non fabas, porque por alí tamén pululou algún que outro chourizo e máis dunha morcilla, pero qué lle queren, os anos pasan pra todos, servidor entre os atouciñados. En fin que foi un emotivo acto.

Houbo tanta xente nel que axiña se encheu a Aula Magna da Universidade. ¿Fora tanta a que daquela mobilizou a universidade? Eu diría que si, que fora tanta e aínda máis. Os milagres fanse un pouco máis ó sul, en Fátima, ou bastante máis ó norleste, en Lourdes; pero non en Compostela, por moito que algúns queiran involucrar ó Apóstolo; ademais, hai que recoñecer que as autoridades axudaron bastante nas mobilizacións, tanto que sen a súa colaboura o mesmo non terían sido posibles. Agora hai que ler o libro, empezando polos apéndices, como indicou Bragado, pra saber que o que se acaba de dicir é algo máis ca unha chocallada. Léano. Fala dun tempo que dín que se foi, pero que aínda está aí, porque sempre está aí. Cranmo.

 

Escritor, Premio Nadal e Nacional

de Literatura

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS