Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Moitas veces, hai máis de corenta anos, achegueime ó Orzán d'A Coruña sendo noite pecha. En todas elas contemplei o mar e tamén en todas sentín a irrefreable atracción que calquer alevín de mariño sinte; diría máis, que todo ser humano sinte, o afán de ir máis alá e penetrar na noite mariña pra averiguar que hai dentro dela.
Hai uns días, volvín ó Orzán e volvín contemplar o mar coma fixera outrora e acabo de recordar. Sen embargo non sentín necesidade ningunha de me adentrar nel pra averiguar nada. Cousas da vellez, pensei. Pero non eran tales. Decatéime cando reflexionei no feito de que xa sei o que hai no fondo desa boca negra. Tantas foron as noites que a habitei, que xa non sentía curiosidade ningunha. A pregunta é a de cántas xentes da miña idade a sinten, cantas sinten curiosidade por saber que hai máis alá do que Manoel Antonio chamou a corda frouxa do horizonte?
Posiblemente tantas como as que nunca a pisaron e non se convertiron en funambulistas de si mesmos. Nin falta que lles fai. Hai preguntas que millor é que non teñan resposta. Sintoo polos que pensen que todas deberían telas, que todas as preguntas deberían ter respostas.
Que hai embaixo da tona do mar? Máis mar, iso é o que hai. E, ó chegar ó horizonte, qué hai? Pois máis horizonte. Tamén dentro da noite hai máis noite e máis luz dentrro da luz. Interminablemente? Se lles digo a verdade, non me importa moito. Embaixo ou máis alá ou por riba das palabras, saben o qué hai? Hailles máis palabras. E pra que sirven? Probablemente pra nada, pero permiten ir tirando. Ir tirando, velaí do que se trata.
O outro día acabou o ano. E que hai ó outro día deste que marca o final dun calendario? Pois outro día exactamente igual, minuto abaixo, minuto arriba. Pode que chova, pode que non, que luza o sol ou que non luza. Pero sempre será a nosa unha apreciación parcial. O día empeza en diferentes momentos, en diferentes lugares e de diferentes modos. Choverá nuns, nevará noutros, lucirá o sol en non poucos. Ó final o mundo nace cando nacemos cada un de nós e finaliza cando cada un de nós o fai. Iso é todo. O caso é ir tirando.
Pero por si o aquel de que só se realiza o que se soña, ofrézolles xa hoxe e por anticipado o desexo de que o meu soño se cumpra pra todos nós; tamén pra mín, craro. Deséxolles ós santiños dos meus lectores todo aquelo que pra mín desexo. Non é pouco. Lástima que vostedes e máis eu non poidamos comprobalo. Ouh, qué festa de se dar o caso!
ac@alfredoconde.es

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado