Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Hoxe cadra que falemos do premio que lle deron ó do restaurante fisterrán Tira do Cordel. Tal como mo contou a mín o Luis, que é un amigo de meu, cóntollo eu agora a vostedes por un quítame alá esas pallas ou, se o prefiren, por unha loubanza de corte e menosprezo de aldea, entendido sexa no seu senso máis pexorativo e rosadiezano; é dicir, corte de cortello, non corte cortesana, e aldea entendida como todo o contrario do que esta sempre foi, agora que está deixando de selo, porque a xente se vai abeirando ás estradas e nada é rústico, senón todo urbán e o mundo é xa outro e distinto, millor nuns casos, pioriño de todo noutros.
Pois déronlle o premio ó señor ese, a quen non teño o gusto e agradecéuno moito. E ben. Dixo que lle daba ás gracias ás xentiñas do mar, entre outras, porque esas son as que nos coidan os peixes e logo nolos tran unha vez que os convirtiron en pescados; pra dicilo de xeito que o poida entender esa muller coa cabeza impregnada de marelo, que seica non entende nada, ou moito de case nada, coñecida no século como Rosa Díez a Recalcitrante, non direi a Teimudiña polo mesmo. O do Tira do Cordel dixo que desa xente do mar era de quen é o mérito, poisque que logo todo consiste en poñer ó peixe ó lume e máis en botarlle unhas frangullas de sal. Iso foi todo canto dixo, como quitándolle importancia. Ou dándolla, como non querendo dar unha lección de alta cociña, engado eu, que tamén digo que esas farangullas de sal deben ir ben medidas e botadas e confirmo que o peixe hai que colocalo na altura debida e á distancia precisa, adiviñar cándo sacalo a tempo e tamén cómo manter o lume acceso durante eses minutos cruciais que median entre a xugosidade e maila deshidratación. O caso é que coa afirmación do fisterrán alá se nos foi ó nabo toda a teoría filosóficó-existencial do Ferrán Adriá, por poñer un nome que non ofreza dúbidas, como non poño eu todo o seu ben facer e maila súa alta e millor gran cociña, que non cuestionarei, parvo sería, pero xa me entenden. Quero dicir que eu, como cáseque vostedes todos entro, senón nas tres, cando menos nalgunha das tres categorías establecidas pola xa tan mentada doña Rosa: perturbado nacionalista, acomplexado pola inferioridade xenética manifesta dos galegos ou estúpido integral. Desta terceira non estou moi seguro, pero se non é esa será outra que se lle pareza. Por mín que chova. A ver se alguén a convida a comer no Tira do Cordel e aprende algo, a tal señora, senón de cociña si de elegancia intelixente e constructiva e cura ese estreñemento intelectual do que fai gala. Un bo xantar obra milagres.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado