Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

XAVIER SENÍN

devagar

Levantar a man

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.5/5 [35 Voto/s]

6
Comparte en Tuenti

Non ben pasaran dous meses da voda cando el lle levantou a man por primeira vez unha tarde de setembro. Non chegou a tocarlle. Todo fora por unha parvada, se ben se mira. Seu home non atura que ninguén o moleste cando bota a siesta e, a pesar de sabelo, ela fixéralle un aloumiño na cara. Xa lle dicía seu pai de cativa que non aprendía se non era cunha losqueada. Pouco despois saíra á rúa cunha minisaia e iso non se podía consentir. Desta vez cobrou unha boa trompada e tamén pensou que fora culpa dela por provocalo. Aínda houbo máis ocasións e en todas elas víñanlle á cabeza os berros e as lavazadas do pai cando non facía as cousas do revés, porque seica lle encantaba provocar. A última vez foi hai menos dun mes. Ía saír de cea cunhas amigas e atrevérase a desabrochar tres botóns da blusa de xeito que deixaba entrever as puntillas do suxeitador. Ademais do golpe, chamoulle as catro letras. Escapou como puido da casa e foise ao hospital cunha amiga. Tiña unha costela rota. Dixo que caera por unha escaleira . A médica torceu o bico e puxo cara de non quedar moi convencida. Ela non quere volver á casa. El manda mensaxes, primeiro de arrepentimento, ultimamente preñados de ameazas. A muller anda co medo no corpo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS