El Correo Gallego

Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

{ trasquilator }

MARCOS MANTEIGA

Literatura dende Xallas e Carballo

01.05.2013 
A- A+

NUNCA SERÁ dabondo o agradecemento que lle debemos os nosos libreiros, os de toda a vida, os que dende as vilas asesoran e difunden a literatura nunca época non de vacas flacas, senón anoréxicas. O seu esforzo vai máis aló do mercantilismo que guía caseque todas as profesións. Queren saber como lle podemos botar unha man e abonarlle unha parte dos seus esforzos? Pois temolo moi doado: paseando.
Non virei (máis) tolo. Falo da Feira do Libro que temos ó noso alcance na alameda compostelana. Alí danse xa cita, entre máis dunha ducia de casetas, tres dos mellores establecementos de difusión da lectura de Terras de Santiago: Ler Librerías, de Santa Comba e da Pobra, e Brañas, de Carballo. E teñeno todo: os novamáis do momento: literatura fantástica, novela negra e erótica. Tamén asesoranlle de balde e, aínda por riba, traerán a algúns dos cracks do momento para firmar obras e devolver a maxía dos contacontos, os da lareira de toda a vida. Así, hoxe desde as 18.00 horas, Pedro Feijóo firmará exemplares de Os Fillos do mar gracias a Isabel Ares, directora da franquicia Ler. Pero hai máis: o sábado, a mesma mecenas do Xallas achegará a todos os nenos que queiran a unha das mellores narradoras da península: Pepa la mariscadora de cuentos. Será ás 12.30 horas. E seguimos: ás 19.00 horas, Ares traerá a Xosé Duncan, o autor da triloxías As crónicas de Bran, que rubricará exemplares ata que se lle esgote a tinta da pluma. E son apenas tres das actividades, gratuitas e abertas a todos.
Porque haberá máis programa con arrecendo a Terras: así, nos actos relativos a muller que lle puso data o Días das Letras Galegas, a Agrupación Cultural Medulio de Ferrol presentará o espectáculo O mundo segundo Rosalía, con poemas e textos da autora galega. Será o sábado, e, na seguinte xornada, a que pecha o ferial, organizarase un encontro literario sobre Rosalía de Castro, realizado pola Asociación Cultural O Galo, coa celebración do coloquio Rosalía de Castro: nos 150 anos de Cantares Gallegos, con intervencións de Katlheen March, Helena Villar Janeiro e Pilar García Negro (que presentará neste acto o libro Cantares Gallegos hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro, da editorial Alvarellos).
Penso (e espero, ademáis) que non cambiaron moito as cousas a nivel editorial e de lectores desde que se distribuiran copias do texto budista Sutra do Diamante en China, alá polo 868 da nosa era. É considerado o primeiro libro impreso da historia. E esperemos que, co noso esforzo e o de librerías como Ler ou Brañas, non estemos preto do derradeiro.