Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

XOSÉ NEIRA VILAS

cancela aberta

Malós e o ourive

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.8/5 [22 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti

Malós é o nome familiar de María Dolores Cabrera (a compañeira de Víctor Freixanes). É posiblemente a persoa que máis coñece de libros, movementos literarios e editores galegos, e sobre o tema leva publicado diversos traballos, entre eles un libro de consulta imprescindible, publicado pola Xunta hai algúns anos. Pero ela fai como a troita. E vou coa anécdota: nunha asemblea que tivemos hai tempo na Unión de Escritores de Cuba, da que son o único membro estranxeiro vivo (fórono tamén Francisco Mota e Mario Benedetti), alguén dixo que a galiña pon un ovo e cacaréxao, e a troita pon vinte mil e sigue caladiña. Malós traballa e cala. Non alardea. Recórdoa en 2008, durante a Feira Internacional do Libro da Habana, curioseando, indo e vindo polas vellas librarías da rúa Obispo, e chegando triunfante ó hotel cun exemplar de Cuando Che era Ernestito, de Anisia Miranda, publicado hai moito tempo. Hai dous anos que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras a Xosé María Álvarez Blázquez. E coincidindo con esa merecida homenaxe ó poeta, narrador, arqueólogo, libreiro e editor tudense-vigués, galeguista por vocación e por familia, Malós publicou un breve libro, moi esclarecedor, sobre a traxectoria de Xosé María. Un aporte rigoroso, que titulou Xosé María Álvarez Blázquez, ourive de libros, que nos ofrece co formato daquela popular colección O Moucho, creada polo editor na Editorial Castrelos, na que deu a coñecer nada menos que 64 títulos. En só 82 páxinas temos diante abondosa e moi ben exposta información sobre a liña vital e creativa deste traballador exemplar, "dono das palabras, descubridor de tesouros e mestre da vida" que tan boa lembranza nos deixou ós que fomos seus amigos.

Noraboa a Malós por este estupendo traballo e que siga, coa súa curiosidade e coa lucidez que a caracteriza, informándonos sobre a evolución do libro galego e sobre os nomes clave da nosa cultura.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS