Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 28.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

HELENA VILLAR JANEIRO

notas de actualidade

Manuel Espiña 'in memoriam'

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [17 Voto/s]

13
Comparte en Tuenti

Por un correo do amigo Victorino Pérez Prieto, souben de que o pasado domingo finou o crego Manuel Espiña, filósofo e teólogo, un galego bo e xeneroso. Tras da triste noticia, Victorino fainos unha reflexión verbo do que é a morte para os crentes e termina cunhas palabras do ilustre defunto, escritas xa hai anos: "Pra min tódolos días do ano e tódolos anos da miña vida foron e han ser datas adicadas a Galiza, como home e como crego".

Quen tivo a sorte de coñecer este cura e ensinante amable sabe que falaba con Deus en galego. Non é o xeito de o facer a igrexa maioritaria que ten esquecido que Cristo se expresaba en arameo, a lingua dos seus paisanos, e oficia o enterramento dos que viviron no idioma propio do país nunha lingua allea ao morto e á súa contorna vital. Veño de o comprobar dúas veces máis aló nas terras luguesas.

Manuel Espiña era un defensor das liberdades. Cando Franco asinou as súas últimas sentenzas de morte (1975), Espiña manifestouse sobre o feito nunha homilía e foi multado con 150.000 pesetas. "Sancionáronme antes de condenarme", declarou el, que non tiña eses cartos nin moito menos. Daquela, o artista e amigo Luís Seoane dooulle un Cristo Obreiro para unha poxa que permitise tal pago. Non foi necesario organizala porque a Comunidade Cristiá do Home Novo se mobilizou cunha colecta que, nun só día, recadou aqueles cartos. O Cristo serviu para lle axudar anos máis tarde á Fundación Bemposta. A obra de arte cangada desta xenerosa historia mercouna Caixanova. Manuel Espiña foi tamén partidario -como non podía ser menos nun home ao servizo do pobo sen diferenzas- dunha Igrexa que, ademais de se identificar coa lingua e coa cultura de Galicia, dese cabida ás mulleres permitíndolles acceder ao sacerdocio. Ambas angueiras fixeron del un crego carismático, identificado con cambios fundamentais que ten pendentes a Igrexa, a radicada en Galicia particularmente, como o uso litúrxico dun idioma que parece afastado de Deus. Iso que desde a democracia a lingua adquiriu a condición de oficial e si é empregada noutras moitas "liturxias". Descanse en paz tamén o Manuel Espiña que utilizaba a lingua do seu pobo nuns artigos de prensa que seguiamos con interese porque eran un papado de auga fresca. Que el e os que foron, e son, como era el sirvan de exemplo ás novas xeracións do clero galego.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS