Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Chegara á vila nos anos cincuenta para exercer como médico. Era moi novo, tanto que ao primeiro a xente tiña un algo de prevención en irse consultar e botaban de menos a don Evencio, que levaba con eles ao pé de corenta anos. Pero a vellez non perdoa e marchou vivir onda a filla, casada nunha vila do Levante. Pouco tardou a xente en acudir ao novo médico e esquecer o anterior. Viñera con ganas de traballar e mesmo puxo na casa un aparato de raios X, que consideraba imprescindible naquela zona húmida tan castigada pola tuberculose. Ben axiña se decataron de que aquel home era unha boa persoa. Instalárase nunha fermosa casa nova do trinque que quedaba a carón da praza da igrexa. Puxera a consulta e mais o aparato de raios X nunha sala que se abría á rúa a través dunha luminosa galería. Desde alí vía pasar a xente e non era raro que se desculpase co enfermo que estaba atendendo para darlle un recado a alguén que pasaba. Tampouco non poñía coidado en separar os sexos e así podía suceder que pasase unha señora mentres un seu veciño saía colocando a camisa despois da exploración. Aquilo non lles chistaba ás mulleres, sobre todo as rapazas que procuraban ir xuntas para se sentiren máis protexidas.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado