Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
un dos espazos tradicionais de lecer para moitos composteláns foi -e segue a ser- a denominada popularmente como Residencia, ou Campus Sur, ou, se queremos, o recentemente rebaptizado como Campus Vida. Para alén da comunidade universitaria, son moitas as persoas maiores, e paseantes en xeral, que o empregan para facer algo de exercicio, e moitos os mozos, e sobre todo nenos e nenas, os que desfrutan deste espazo aberto para a práctica deportiva ou para os seus xogos cando o bo tempo o permite. Limitado como está á circulación de coches, salvo nas súas vías laterais e no aparcamento das residencias universitarias, foi durante moito tempo a única zona verde de expansión, xunto coa Alameda, para ese terzo da poboación compostelá que vive no Ensanche. Aínda a maiores, é lugar de paso habitual para os veciños e veciñas do barrio de San Lourenzo e para os integrantes de comunidades educativas de centros de primaria e secundaria sitos na zona. Mais a pesar da importante cantidade de habitantes que fan uso desta zona singular, o seu estado actual non é precisamente óptimo. Precisaría dunha intervención urxente que reparase beirarrúas, remodelase e substituíse mobiliario urbano e que redefinise e remozase algúns dos espazos deportivos. O propietario, o titular, é a Universidade de Santiago, mais a importancia estratéxica desta zona, non só para as funcións antes mencionadas, senón tamén como unha das vías de acceso á cidade, levaron hai anos a que se asinase un convenio de colaboración entre a institución municipal e a universitaria, facendo repartimento do seu coidado e atención.
Descoñezo se o convenio segue en vigor, mais boa cousa sería que se activase ou se fixese un novo, para acometer sen moita dilación as melloras citadas. É fundamental aproveitar todos os recursos e todas as sinerxías entre institucións para que os servizos públicos poidan brindarse da maneira máis doada e co menor esforzo económico posíbel, evitando que mingue a calidade de vida dos cidadáns.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado