Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Co escrito sobre Torrente Ballester nos dous días pasados trae cola. Coméntanme que un escritor coñecido afirmou del que, na súa etapa falanxista, cando sinalaba a alguén co dedo, ese alguén, aparecía ó día seguinte na gabía dunha estrada. Se iso é certo, iso, e chamarlle asasino, veñén sendo a mesma cousa. Carano prá memoria histórica, quén ía dicir que consistira nesto!
Teño falado máis dunha vez con GTB a propósito da súa mocidade e dos tempos da guerra civil española, cuxos comezos o colleron en París. De alí regresou pró Ferrol, permanecendo agachado ata que por consello dun frade mercedario (de frei Gumersindo Placer?) pra ver de facer esquecer a súa pertenza ó Partido Galeguista e salvar así o pelexo, se alistou en Falanxe Española, saíndo xa directamente pra Salamanca, onde se incorporou ó grupo de Ridruejo e Tovar en condición equivalente á que, noutros ámbitos menos falanxistas, pero máis granmscianos e diríase que igoalmente totalitarios, se chamaba un intelectual orgánico marxista.
De que chegou a dominar o tema, o tema do falanxismo, danos unha idea o libro José Antonio Pimo de Rivera (Antología) unha recopilación de máximas e pensamentos joseantonianos, adicada a Pilar Primo de Rivera, feita por el.
Trátase dunha escolma, editada por Ediciones FE no 1942, da que eu gardo celosamente un exemplar da súa terceira edición xunta co traballo de Javier Cercas e, a partires de agora, co de Nil Santíañez. Que foi falanxista é certo, que o foi de corazón tamén debe selo. Pero de aí a afirmar que andaba sinalando co dedo á xente media un abismo que só se pode salvar, honradamente, dando nomes, datos e datas. Antes GTB fora anarquista e da súa militancia galeguista nunca se deu noticia en contra, malia el tela afirmado en numerosas oportunidades. Que escribía en galego séino eu ben. No que foi o meu domicilio pontevedrés aínda se debe gardar o seu prólogo ó meu primeiro libro de narrativa.
O seu galego é limpo dos avatares bélicos de xente como Hemingway ou M. Duras, hai constancia documental. Dalgúns autores galegos tamén. Se a houber no caso de GTB, no senso no que disque ese escritor a sinalou, deberá ser aportada.
Os citados seguen a ser grandes escritores, pesie a todo, e con Gonzalo Torrente Ballester sen dúbida que seguiría a pasar o mesmo, malia que a mín amargaríame o recordo dunha amistade. Por iso emprazo ó escritor de marras a que aporte datos ou se cale. Pero a que se ha calar, antes, se disculpe.
ac@alfredoconde.com

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado