Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Ignoro se a maior parte dos libros que se publican en Galicia os merca ou non a consellería de cultura. Algúns si que os merca. Sei que o moi esgrevio e paradigmático tercer presidente do goberno galego deixou, entre outras moitas herdanzas, dous millóns e medio de libros nos sotos gubernamentais.
Sospeito que pra que tal herdanza fose posible os editores galegos deberon contar coa inestimable colaboración dos distintos departamentos do goberno, das distintas consellerías, convertidas en singulares e ¿pequenas? editoras nacionais, empeñadas en poñer en circulación textos que, de non ser así, nunca a verían. Entre eles moitos necesarios -hoxe menos sometidos a esquecemento ou perda que outrora, grazas á Internet- pero máis absolutamente prescindibles, publicados tan só en virtude de compromisos político-partidarios, uns; en razón de contraprestacións caciquís, outros; consecuencia de pago de favores non poucos deles. Sumemoslles os das deputacións, alcaldías e fundacións e veremos o que pasa.
Que así suceda é comprensible e mesmo, se me apuran, disculpable. O que non o é, o que non pode selo é esa cifra absolutamente lamentable de dous millóns e medio de libros enterrados nun país de pouco máis de dous millóns e medio de habitantes, porque é tanto como dicir que, a razón de 6€/libro de media, resultan dous mil cincocentos millóns de pesetas (150 millons de euros) que, divididos polo número de habitantes xeneran unhas cifras que millor ha ser que vostedes lles boten as contas se me aseguran que non se van poñer dos nervios. Dito isto, débese recordar que hai moitos anos, quen lles escribe, avisou a cerca da política de subvencións e dos perigos que conleva. Fun posto a caldo. Lamento ter acertado. Hai menos tempo pero abondo en todo caso, neste mesmo recanto, suxireuse a conveniencia de botar contas dos orzamentos empregados en política lingüístico-cultural ó longo dos pasados trinta anos, e ver de analisar as inversións feitas, os métodos empregados e os resultados obtidos por se houbera algunha disfunción, que a hai, e fose necesario rectificar. Que o é.
Quérese dicir con isto que sí, que o conselleiro de cultura meteu a zoca, pero que nós tamén de persistir na nosa actitude de non someter a revisión os métodos empregados e os resultados obtidos, de non valorar subvencións tantas e tamaños cartiños aplicados á salvación do que máis amamos e que sen embargo tan mal e tan atravesadaemnte tratamos. Acaso algo ensimesmados sí que o esteamos e non sempre sexamos quen de choutar por riba de nós mesmos, convertíndonos, ás veces, nos nosos piores nemigos.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado